Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta mobiliza 3,6 millóns de euros para un proxecto encamiñado a potenciar os procesos industriais de transformación do leite

Por   /  10/08/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Xunta esta a impulsar un importante proxecto galego de posta en valor do leite, a través da potenciación dos procesos industriais de transformación do produto. Esta iniciativa contempla a mobilización de 3,6 millóns de euros de investimento que permitirán a XesGalicia e á cooperativa ICOS participar na empresa Lasurgal, co fin de desenvolver un proxecto industrial que permita dotar aos gandeiros dun maior peso na cadea de valor do leite.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, felicitouse hoxe pola posta en marcha desta iniciativa e destacou que deste xeito “ICOS demostra que quere facer ben as cousas” cun proxecto de futuro ao que se van ir engadindo complementos co paso do tempo.

O proxecto, tal e como explicou a conselleira, persegue reforzar e incrementar a actual produción de Lasurgal, co obxectivo de multiplicar por catro a produción de quilos de leite, pasando dos 31,5 millóns actuais ata chegar aos 140 millóns ao ano no 2020. Ao mesmo tempo, se prevé un crecemento do 35% na obtención de soro líquido, desde os 55,5 millóns ata os 75 nese mesmo período.

Para acadar estas cifras, XesGalicia achegará 1,9 millóns e a cooperativa ICOS porá outro millón de euros, correspondendo o resto a financiamento bancario. Neste contexto, cómpre salientar que ICOS configúrase como unha das principais cooperativas do sector cunha produción anual de 70 millóns de litros e unha facturación de máis de 50 millóns de euros.

Entre os obxectivos está diversificar as posibilidades de negocio vencelladas á produción do leite. Búscase así dar maior valor engadido, incrementar a valorización do produto e posibilitar novos procesos industriais ligados á transformación do leite.

Esta actuación encádrase no conxunto de medidas a curto, medio e longo prazo que está a adoptar a Xunta para mellorar a competitividade das explotacións, a súa capacidade financeira e de liquidez e a estrutura comercial do sector. Neste sentido, a Xunta destinará ata o 2020 case 650 millóns de euros a impulsar o sector lácteo galego.

En relación con estas medidas, Rosa Quintana destacou os 4 millóns de euros en subvencións para pequenas empresas que se dedican á transformación do leite, que ven de aprobar a Consellería do Medio Rural e do Mar. Tamén indicou que a Consellería de Economía e Industria ven de achegar outros 40 millóns de euros para apoiar as industrias do sector. Nesta mesma liña, Rosa Quintana reiterou que “toda aquela persoa que queira desenvolver un proxecto viable que lle dea valor ao leite contará co apoio da Xunta de Galicia”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →