Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta trasládalle ao Valedor do Pobo o conxunto de medidas recollidas no Plan rehaVIta para facilitar o acceso á vivenda ás familias galegas con máis dificultades

Por   /  15/04/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, trasladou esta tarde ao Valedor do Pobo, Julio Fernández, as medidas que se recollen no Plan de Vivenda de Galicia 2015-2020, Plan rehaVIta para facilitar o acceso á vivenda ás familias que máis o necesita. Na xuntanza que esta tarde mantiveron, Vázquez Mourelle explicoulle ao Valedor do Pobo que este é o primeiro plan de vivenda elaborado pola Xunta de Galicia co compromiso de atender as necesidades sociais nesta materia.

O Valedor do Pobo transmitiulle á Consellería de Medio Ambiente o seu interese por coñecer en detalle as políticas públicas en materia de vivenda, tendo en conta que el é o encargado de desenvolver proximamente un taller de coordinación de todas as defensorías españolas en relación con esta materia.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente inicia coa reunión de hoxe a rolda de contactos prevista con distintas institucións e colectivos sociais que poden colaborar na difusión dos distintos programas autonómicos de vivenda cos que se pretende ofrecer solucións ás dificultades da sociedade en relación con este asunto. Así mesmo, a Xunta quere escoitar as achegas dos distintos axentes para unha óptima aplicación desta estratexia e solicitar a súa implicación na información ás persoas e familias con necesidade de apoio.

Nas reunións, como a celebrada esta tarde, a Xunta exporá medidas xa en marcha como o programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias e outras novidosas, incluídas no Plan rehaVIta, como o Bono Alugueiro, un programa para o apoio urxente a familias que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da vivenda, evitando dese xeito os desafiuzamentos por impagamento da renda. A previsión é que empece a funcionar este verán, polo que a conselleira manifestou que se necesita a participación das institucións e colectivos implicados para que a información chegue aos afectados.

Vázquez Mourelle lembroulle ao Valedor que coa recente sinatura do acordo coa Sareb xa se puxo en marcha a primeira das medidas do Plan rehaVita, encamiñada a incorporar vivendas deste organismo para aumentar a oferta de vivenda pública, co obxectivo de ofertalos como alugueiros sociais a familias con especiais dificultades económicas.

Así mesmo, a conselleira reiterou a necesidade de cooperar para explicarlle aos afectados por problemas relacionados coa vivenda as posibilidades que brindan as distintas administracións, para evitar que os galegos sufran situacións de desprotección social e exclusión.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →