Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta visita a Asociación de Cans de Rescate coa que colabora desde hai máis de dez anos na busca e recuperación de persoas

Por   /  22/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou onte a mañá en Ferrol a Asociación de Cans de Rescate de Galicia (CASAGA), coa que colabora a Xunta de Galicia desde fai máis dunha década na busca e rescate de persoas.

O obxectivo da visita foi coñecer de primeira man a asociación e os seu membros e instalacións; así como intercambiar opinións acerca da actividade que realizan, dentro dos temas conveniados coa entidade.

CASAGA naceu hai quince anos coa idea de prestar un servizo en Galicia onde os cans desempeñen un papel preponderante na busca de persoas desaparecidas. Desde 2005 é habitual colaboradora da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, coa que asina un convenio anual para financiar o seu mantemento e funcionamento. Nestes once anos, a Xunta achegoulle preto de 80.000 euros.

A asociación constituíuse nun principio por bombeiros profesionais de Ferrol e Lugo, aínda que co paso do tempo integráronse nela tamén persoas civís e profesionais dos servizos de extinción de incendios de distintos parques de toda Galicia, como Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Ordes e As Pontes.

CASAGA ten como obxectivo principal preparar equipos, formados por un guía e un can, destinados á localización de persoas desaparecidas, para o que están a disposición da Xunta de Galicia, así como do resto das organizacións de axuda e organismos oficiais para a atención ás emerxencias que puideran xurdir.

Para conseguir os ditos obxectivos, desenvolven un plan de traballo que comprende exercicios semanais e adestramentos colectivos, ademais de realizar unha proba de capacitación e avaliación operativa de periodicidade anual, co fin de garantir que os equipos aprobados teñan o nivel apropiado para intervir en operacións de busca e salvamento.

Actualmente, tal e como puido comprobar o director xeral de Emerxencias, CASAGA dispón de sete equipos operativos compostos por un guía e un can para buscas en grandes areas. Ademais, ten dous equipos especializados na busca de cadáveres e cadáveres mergullados.

A asociación ten participado en actuacións tan destacadas como os derrubamentos do Centro Odeón Narón (2002) e de varios edificios de Ferrol tras o ciclón Gordon (2006), así como na busca de persoas desaparecidas tras o terremoto de Sumatra do ano 2009.

Ademais, cada ano participan nunha media de oito ou dez operativos de busca en Galicia. O ano pasado estiveron en dez operativos nos concellos coruñeses de Valdoviño, Neda, Mañón, Fene, Ferrol, Sada e Monfero.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →