Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Adxudicada ‘Escolas Conectadas’; dotará a 820 centros educativos públicos de conexións de máis de 100mbps a finais de 2017

Por   /  07/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Red.es publica a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas, que dotará a 820 centros educativos públicos galegos de conexións de máis de 100mbps a finais de 2017
  • A oferta do adxudicatario garante velocidades de acceso a internet de 500Mbps no 60% dos centros e de 150Mbps no 40% restantes
  • Todos os centros disporán dunha conexión wifi de alta capacidade
  • Esta medida, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, permitirá que a finais de 2017 o 100% dos máis de 1.200 centros de primaria e secundaria galegos dispoñan de conexións de 100Mbps
  • Esta actuación enmárcase no acordo subscrito pola Amtega, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura Deporte e Red.es

 

e01145ebb4a307564dacbd3dc0b67d7eA entidade pública estatal Red.es vén de facer pública a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas para Galicia, que permitirá dotar de conexións ultrarrápidas a 820 centros educativos públicos. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que ao remate de 2017, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas.

O operador Orange foi o adxudicatario do contrato cunha oferta que supera os 100Mbps de velocidade esixidos por Red.es, como órgano de contratación. Así, Orange garante conexións de 500Mbps de baixada e 500Mbps de subida en 518 centros educativos e 150Mbps de baixada e 50 de subida noutros 321 centros. Ademais, todos os centros contarán con wifi de alta capacidade.

O investimento da actuación xunto co custe do mantemento das liñas supoñen un orzamento de 17,7 millóns de euros.

O incremento de velocidade permitirá os centros ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

Esta iniciativa é posible en Galicia grazas ao convenio asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura Deporte e Red.es, que é o órgano de contratación.

Ao remate deste ano o 40% dos centros contarán con redes ultrarrápidas

A día de hoxe máis de 370 centros educativos contan con conexións de 100 ou 200 Mpbs e a finais de ano serán máis de 430 os centros con velocidades superiores a 100 Mbps. Deste xeito, a finais de 2016 preto do 40% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán con redes de 100Mbps.

Desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica. Así, hai seis a velocidade media situábase en 5,6 Mbps fronte aos 20,5 Mbps de hoxe en día.

Infraestruturas TIC, chave no desenvolvemento de Abalar

A dotación de infraestruturas TIC nos centros educativos é un dos eixos do Proxecto Abalar para a dixitalización das aulas. A día de hoxe máis de 120.000 alumnos de 900 centros estudan en aulas dixitais e máis de 6.000 rapaces están a desenvolver a súa actividade académica no presente curso só con contidos dixitais a través da plataforma eDixgal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →