Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

As exportacións galegas a China creceron un 24% superaando os 220 millóns de euros

Por   /  21/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta destaca que as exportacións galegas a China creceron un 24% o pasado ano ata superar os 220 millóns de euros
  • O director do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura do encontro empresarial coa plataforma da rede Pexga nun mercado ao que exportaron 417 empresas galegas o ano pasado
  • Salienta o potencial deste país como destino comercial para que as compañías galegas poidan seguir incrementando as vendas de servizos e produtos de calidade

image_gallery

 

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou o potencial de crecemento das exportacións galegas a China durante un encontro coa plataforma da rede Pexga nese mercado, ao que exportaron 417 empresas o ano pasado.

Aguilera salientou que as exportacións galegas a China medraron nun 24% en 2015, ata sumar 220 millóns de euros, e amosouse convencido de que existe no tecido empresarial galego potencial e condicións para que sigan crecendo polo progresivo incremento dunha clase media que demanda servizos e produtos de calidade.

Ademais desta reunión en Santiago, o encontro coa Pexga en China inclúe esta semana diferentes xornadas empresariais: hoxe en Vigo, na sede da CEP; en Ourense, mañá mércores, na sede da CEO; e na Coruña e Lugo, o xoves, día 17, nas sedes da CEC e da CEL, respectivamente.

Ao abeiro da Estratexia de internacionalización da empresa galega que está desenvolvendo a Xunta a través do Igape, as pemes poden contar con servizos e liñas de apoio, tanto en orixe como en destino, para cada fase da súa expansión exterior; servizos como os diagnósticos previos á primeira exportación ou como os prestados polas plataformas Pexga nos mercados máis relevantes para a economía de Galicia.

Para impulsar a expansión exterior do tecido empresarial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu este ano, a través do programa Galicia Exporta do Igape, axudas por preto de 6 millóns de euros para facilitar a presenza das empresas galegas nos mercados exteriores do seu interese, para que exploren ou amplíen, ben de forma individual ou agrupadas, oportunidades de negocio, acudindo tanto a feiras internacionais multisectoriais como a eventos especializados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →