Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

As exportacións galegas ao Reino Unido superan os 1.000 millóns de euros ao medrar nun 80% este ano

Por   /  31/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta salienta que as exportacións galegas ao Reino Unido superan xa os 1.000 millóns de euros ao medrar nun 80% este ano
  • O director do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura do seminario ‘Como facer negocios no Reino Unido’, que incluíu un relatorio sobre as consecuencias do ‘brexit’
  • Aguilera destaca que as exportacións galegas a este mercado, dominadas polos produtos industriais e a tecnoloxía, van camiño de marcar un novo récord histórico, en tanto que as importacións caen nun 53%

image_gallery-3

 

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou a positiva evolución das exportacións galegas ao Reino Unido durante este ano, para superar os 1.075 millóns de euros ata agosto, cun incremento do 80% respecto ao mesmo período do ano anterior, en tanto que as importacións caeron nun 53%. O 65% das exportacións corresponden ao capítulo de produtos industriais e tecnoloxía, que rexistra un incremento do 156%.

Segundo sinalou Aguilera, que participou na apertura do seminario Como facer negocios no Reino Unido, máis de 500 empresas galegas exportaron durante o ano pasado ao Reino Unido, sumando vendas de 1.097 millóns de euros, case un 30% máis que durante 2014; unha cifra excepcional que, engadiu, se vai superar amplamente en 2016. O director do Igape advertiu, sen embargo, que cómpre estar especialmente alerta para procurar que a axenda do brexit afecte o menos posible ás relacións comerciais. Na apertura do seminario sobre o Reino Unido participou tamén o vicepresidente da CEG José Manuel Pérez Canal.

O seminario desenvolvido na sede do Igape incluíu un relatorio de Ricard Palau, analista da plataforma Pexga no Reino Unido sobre os servizos a disposición das empresas galegas, os sectores de oportunidade e as estratexias e as claves de acceso a este mercado. Por outra banda, os asistentes puideron seguir a intervención da experta Isabel Fernández sobre a axenda e as posibles consecuencias do brexit para as empresas, así como sobre as alternativas e as novas estratexias a adoptar.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu este ano, a través do programa Galicia Exporta, axudas por preto de 6 millóns de euros para facilitar a presenza das empresas galegas nos mercados exteriores do seu interese, para que exploren e amplíen, ben de forma individual ou colectiva, oportunidades de negocio, acudindo a feiras internacionais multisectoriais ou a eventos especializados.

Este seminario sobre os negocios no Reino Unido formou parte do encontro coa plataforma da Rede Pexga, que se desenvolveu en Santiago desde o pasado martes e que incluíu encontros bilaterais das empresas participantes cos expertos no mercado británico.

Ao abeiro da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega que está desenvolvendo a Xunta a través do Igape, as pemes poden contar con servizos e liñas de apoio, tanto en orixe como en destino e para cada fase de expansión exterior; servizos como os diagnósticos previos á primeira exportación ou como os prestados polas plataformas Pexga nos mercados máis relevantes para a economía de Galicia.
 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →