Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Augas de Galicia informa aos concellos do cambio normativo que axiliza os trámites para a limpeza dos ríos

Por   /  24/07/2015 

    Imprimir       Email

peligros del río sil playa fluvial o barcoA Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas vén de informar aos concellos do cambio normativo que axiliza os trámites para a limpeza dos ríos da bacía hidrográfica Galicia-Costa. O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira Martínez, remitiu unha carta a todos os alcaldes na que lles traslada que para efectuar actuacións menores de mantemento e conservación nos ríos só é preciso tramitar unha declaración responsable cunha antelación de 15 días como mínimo.

O director de Augas de Galicia tamén lembra que este tipo de traballos de conservación son unhas medidas preventivas que contribúen a evitar episodios de asolagamentos nas etapas de choivas intensas e axudan ao mantemento do contorno medioambiental e dos cursos fluviais dos ríos de Galicia.

Tal e como se explica na misiva, para levar a cabo este tipo de operacións é suficiente con que os promotores presenten en Augas de Galicia unha declaración responsable axustada ao modelo elaborado polo departamento autonómico en materia de augas (que se envía como copia xunto o comunicado).

Neste escrito maniféstase que o interesado declara, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para a realización de actuacións menores de conservación na bacía de Galicia Costa.

Augas de Galicia establece como actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico, sempre que se executen fóra dos espazos protexidos, a poda e a retirada das árbores mortas pola canle que impidan o acceso ao leito, así como aquelas que reduzan a súa capacidade. Estas actuacións complétanse co mantemento das seccións de medición de caudais das redes oficiais de estacións de medición e coa extracción dos elementos que circulen polo río, en especial os que atoen o treito, as obras de paso ou que supoñan un foco de contaminación.

Redución de 6 meses a 15 días
A Consellería de Medio Ambiente aprobou a principios deste ano o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, entre outros puntos.

En base a esta normativa, Medio Ambiente reduciu de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos.

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →