Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Aumento dun 11% nas prazas dos campamentos de verán dirixidas aos menores tutelados pola Xunta

Por   /  07/03/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta de Galicia aumenta nun 11% as prazas dos campamentos de verán dirixidas aos menores tutelados que ten ao seu cargo
  • As directoras xerais de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e de Xuventude, Participación e Voluntariado mantiveron unha xuntanza con Agaceme e mais o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
  • Os menores tutelados ou en garda da Xunta verán aumentadas as súas prazas ata as 100 que existen na actualidade e aqueles que non accedan a estas prazas entrarán no sorteo xeral ao que concorren a totalidade dos menores
  • A Xunta ofertará este ano arredor de 9.000 prazas cun investimento duns 2.600.000 euros que inclúen campamentos para menores de entre 9 e 17 anos, oferta concertada, así como campos de traballo e actividades para maiores de idade
  • A Xunta conta, na actualidade, con 1.464 menores tutelados (dos cales 918 poderán acollerse a oferta dos campamentos) e 495 menores en garda (dos que 360 tamén poderán optar ás prazas dos campamentos)

 

xunta-de-galicia-300x135As directoras xerais de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, e de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acordaron recentemente modificar as condicións de acceso ás prazas dos campamentos que a Consellería de Política Social pon a disposición tanto dos nenos e nenas como dos mozos e mozas de Galicia na campaña de verán organizada pola propia Dirección Xeral de Xuventude. Esta decisión foi tomada tras a reunión mantida cos representantes da Asociación Galega de Centros de Menores (Agaceme) e do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

A modificación das condicións de acceso a estas prazas vén a beneficiar ao colectivo dos menores tutelados ou en garda da Xunta de Galicia que verán aumentadas as súas prazas nun 11% pasando das 90 que había na anterior convocatoria ás 100 que existen na actualidade. Ademais, como novidade, os menores tutelados ou en garda que non accedan a algunha destas 100 prazas entrarán no sorteo xeral ao que concorren a totalidade dos menores.

Campamentos
Esta iniciativa está enmarcada na Campaña de Verán 2016, onde a Xunta de Galicia ofertará este ano arredor de 9.000 prazas cun investimento aproximado de 2.600.000 euros que inclúen campamentos para menores de entre 9 e 17 anos, oferta concertada, campos de traballo para maiores de idade, e actividades para maiores de 18 anos.

A duración dos campamentos varía segundo a idade dos participantes, e oscila entre os 8 e os 12 días. Ademais, contan con temáticas moi diversas para adaptarse a todos os gustos: actividades náuticas, coñecemento do medio natural, dramatización, expresión cultural, xogos tradicionais, deportes de multiaventura ou actividades de voluntariado.

Todos os participantes están en réxime de manutención en pensión completa, e inclúese o material necesario para cada actividade, que está dinamizada por un equipo técnico de monitores especialistas na xestión de ocio educativo. Nos campamentos disponse tamén de atención sanitaria de primeiros auxilios e os mozos e mozas están cubertos por un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Menores tutelados e en garda
Para a Xunta de Galicia é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia, e de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social. O obxectivo da Consellería de Política Social é é previr situacións de desamparo; e no caso de que se produzan, actuar de maneira rápida e eficaz, garantindo en todo momento os dereitos do menor. Deste xeito, a partida orzamentaria destinada en 2016 a atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado. Este aumento repercutirá de xeito positivo nas persoas máis desprotexidas a través de dedicar máis recursos económicas a medidas como o Programa de intervención familiar, o Programa Mentor ou os puntos de encontro familiar; así como a liña telefónica gratuíta de axuda á infancia 116 111 ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil.

A Xunta de Galicia conta, na actualidade, con 1.464 menores tutelados (dos cales 918 poderán acollerse a oferta dos campamentos ao ser maiores de 9 anos) e 495 menores en garda (dos que 360 tamén poderán optar ás prazas dos campamentos da Dirección Xeral de Xuventude).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →