Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Axudas dirixidas á discapacidade para a ampliación do emprego nos centros especiais

Por   /  18/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta convoca as axudas dirixidas á discapacidade para a ampliación do emprego nos centros especiais
  • O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este programa que tamén inclúe axudas para a contratación de persoal de apoio para as persoas con discapacidade severa
  • Para a creación e ampliación do emprego nos CEE os apoios poderán alcanzar ata os 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar axudas por valor de 1,3 millóns de euros para apoiar o emprego entre as persoas con discapacidade. En concreto, a convocatoria de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria está dirixida a financiar a creación e ampliación dos postos de traballo dos Centros Especiais de Emprego (CEE) e á contratación de persoal de apoio para as persoas con discapacidade severa, as coñecidas como as unidades de apoio. A contía global destas axudas aumenta con respecto ao exercicio anterior nun 3%. Estímase poder beneficiar a 430 persoas con discapacidade.

Esta iniciativa inclúe, por unha banda, axudas para fomentar proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal dos CEE, que na actualidade aglutinan a 2.000 traballadores e traballadoras en 114 centros. A contía máxima dos apoios pode achegarse ata os 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido para persoas traballadoras con discapacidade. O prazo para presentar as solicitudes a este programa remata o 30 de setembro.

En segundo lugar, esta actuación contén axudas ás unidades de apoio financiando parcialmente o custe dos profesionais que axudan no seu traballo ás persoas cunha discapacidade severa. Nesta orde, Galicia duplica as contías das subvencións establecidas na normativa estatal, de 1.200 euros a 2.400 euros por persoa traballadora con discapacidade apoiada. Para iso, aumenta o orzamento para este programa con respecto ao exercicio anterior nun 72%. O prazo para presentar as solicitudes finalizará neste caso o próximo 12 de setembro.

Esta convocatoria de axudas enmárcase nun paquete de medidas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar o emprego entre as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. Deste xeito, nas próximas semanas está prevista a publicación no DOG outras dúas convocatorias. A primeira delas será de 8,5 millóns de euros para o mantemento do emprego dos 2.000 traballadores e traballadoras dos 114 Centros Especiais de Emprego (CEE) de Galicia e a segunda das actuacións que se publicará proximamente son os incentivos ás empresas de inserción laboral para o que o Goberno galego destina 210.000 euros. En global, a Xunta investirá 10 millóns de euros en tres programas de axudas para impulsar o emprego entre as persoas con discapacidade, que se incrementan con respecto ao ano pasado en preto dun 7%.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →