Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Bancos de Alimentos de Galicia, incrementada a achega económica ata os 66.000 euros

Por   /  29/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta reforza a súa colaboración cos Bancos de Alimentos de Galicia ao incrementar (10 %) a achega económica ata os 66.000 euros
  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou un convenio co presidente desta federación, José Pita Chento
  • O responsable da área social do Goberno autonómico subliñou a función que cumpren os bancos de alimentos, que valorou como “exemplos de xestión e aproveitamento da colaboración solidaria e desinteresada dos galegos e galegas”

image_gallery (2)

 

A Xunta de Galicia renovou o seu apoio á Federación Galega de Bancos de Alimentos cunha achega económica para 2016 de 66.000 euros, o que supón un aumento do 10% con respecto ao acordo do ano pasado e que ten como obxecto promover e contribuír ao financiamento da actividade de captación e reparto de alimentos que dende estes bancos se realiza ás institucións e entidades benéficas para que as persoas e familias con menos recursos poidan satisfacer as súas necesidades alimenticias básicas. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe no seu despacho de San Caetano un convenio de colaboración co presidente desta federación que aglutina aos diferentes bancos de alimentos que operan en Galicia, José Pita Chento.

O conselleiro subliñou a función que cumpren os bancos de alimentos, que valorou como “exemplos de xestión e aproveitamento da colaboración solidaria e desinteresada dos galegos e galegas”. Así mesmo, fixo fincapé no “esforzo anónimo dos voluntarios e voluntarias que durante todo o ano dedican parte do seu tempo a almacenar e preparar os lotes de produtos que logo se reparten ás entidades e organizacións benéficas”. Neste sentido, recalcou que o Goberno galego e os bancos de alimentos que forman parte da federación “compartimos o obxectivo de apoiar e asistir ás persoas máis vulnerables que están en situación ou en risco de exclusión social”.

Neste sentido, Rey Varela explicou que ademais do convenio que vén asinando coa Federación Galega de Bancos de Alimentos dende 2013, a Consellería de Política Social asina anualmente outro acordo coa propia federación e máis a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Grazas a estoutro acordo, dixo o titular desta carteira autonómica, “as familias con menores a cargo que precisan dunha achega extraordinaria nos meses de verán poden acceder polo menos a unha comida diaria para todos os membros da unidade familiar”.

Actualmente en Galicia existen bancos de alimentos nas distintas provincias: Banco de Alimentos Rías Altas na Coruña, Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, Asociación Banco de Alimentos de Vigo, Asociación Banco de Alimentos de Ourense, Fundación Banco de Alimentos de Lugo e Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas Pontevedra.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →