Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Cándido Pazos presenta en Madrid a súa adaptación contemporánea do ‘Códice Calixtino’, “o libro en maiúsculas do Camiño de Santiago e da peregrinación xacobea”

Por   /  03/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)

 

O artista Cándido Pazos presentou na tarde do pasado mércores en Madrid a obra ‘Códice Calixtino en los Caminos a Santiago’, unha adaptación contemporánea do manuscrito do século XII, ao que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, se referiu como “o libro en maiúsculas do Camiño de Santiago e da peregrinación xacobea”.

“O apoio da Xunta de Galicia a este renovado ‘Códice Calixtino’ –dixo– é unha forma de contribuír á vitalidade do legado xacobeo”, á vez que destacou a “exquisita paciencia e sensibilidade coa que o mestre Cándido Pazos renova con esta fermosa edición o eco do vello códice”. “Faino –precisou– ofrecéndonos, desde a fidelidade á tradición e desde a súa creatividade artística, o relato políglota do que seguen representando no noso tempo os diversos Camiños de Santiago”.

Unha actualización das vivencias dos Camiños

Segundo comentou na súa intervención, “os tesouros da iluminación medieval regresan, activados pola man experta de Cándido Pazos, e volven condensar, agora referidas ao século XXI, as vivencias deses itinerarios”.

Durante o acto de presentación da obra –que aborda, en varios idiomas, os sete Camiños nos seus tramos galegos e que incorpora, ademais, ilustracións do propio autor– o secretario xeral tamén asegurou que “os Camiños de Santiago representan un papel fundamental no intercambio cultural dos pobos de Europa e, á súa vez, de vertebración do continente”, ao tempo que se referiu ao fluxo de persoas, de ideas, de correntes artísticas e culturais arredor dos Camiños como “un motor de desenvolvemento social, económico e de relación humana que favoreceu o progreso e a formación de Europa”. “Nese sentido, Galicia foi a meta europea deses procesos de rexeneración, de intercambio, de busca da transcendencia, o cal nos produce un orgullo e unha gran responsabilidade”, dixo.

En referencia ao labor levado a cabo pola Consellería de Cultura e Educación, destacou o importante traballo que se vén realizando “a prol da protección dos Camiños, así como da conexión permanente coa orixe e a historia destas vías de tránsito cultural”. “Por iso –engadiu– unha edición coma a de Cándido Pazos, que é unha revisión do pasado desde unha perspectiva do valor artístico do propio manuscrito, pero tamén unha reactualización no convite á súa lectura, non produce en nós senón gratitude cara a este esforzo de posta en valor dun dos documentos máis importantes da nosa historia colectiva”.

Na presentación da obra, que tivo lugar en El Corte Inglés de Callao, tamén interviron o deán da catedral de Santiago, Segundo Pérez; o director de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Ramón Pernas; e o autor da edición, Cándido Pazos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →