Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Case 3.000 persoas asistiron á xira ‘Os Axóuxeres’ 2015

Por   /  11/11/2015 

    Imprimir       Email

Case 3.000 persoas asistiron á xira ‘Os Axóuxeres’ 2015 programada pola Consellería de Cultura e Educación.

  • Entre o 12 de setembro e o 8 de novembro, este espectáculo percorreu 26 concellos das catro provincias galegas
  • ‘Os Axóuxeres’ ofreceu teatro, música e brinquedos a familias novas con bebés e/ou con cativos ata os 6 anos de idade

image_galleryEste pasado domingo 8 de novembro rematou, en Lalín, a xira de encontros ‘Os Axóuxeres’ que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

‘Os Axóuxeres’, que comezou a súa andaina o sábado 12 de setembro en Arteixo, acumulou nestes preto de dous meses de xira case 3000 espectadores nun total de 26 concellos de Galicia. O éxito de participación, con dúas de cada tres funcións co cartel de ‘completo’ colgado, dá mostra da boa acollida que tivo este espectáculo entre as familias novas con fillos pequenos.

image_gallery (1)

 

A proposta, cun aspecto íntimo e de proximidade concebido para poucos espectadores por función, ofreceulle ás familias asistentes un novo espazo de lecer en galego onde gozaren e abrírense ao descubrimento do mundo en galego: o primeiro encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo, cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego. En definitiva, coa lingua galega.

Nesta xa sétima edición, con ‘Os Axóuxeres’ coidouse dun xeito especial a calidade do espectáculo e a acollida aos participantes para asegurarse de que os nenos e nenas asociaran o galego a experiencias agradables, cheas de tenrura e de diversión.

Presentado cunha estética dinámica e actual, ‘Os Axóuxeres’ visitou nestes dous meses A Coruña, A Estrada, A Laracha, Ames, Arteixo, Boiro, Cangas, Fene, Ferrol, Foz, Lalín, Moaña, Mondoñedo, Noia, O Carballiño, Oleiros, O Porriño, Ourense, Redondela, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Xinzo de Limia.

Pero o espectáculo non rematou logo dos aproximadamente 40 minutos de duración de cada encontro. O disco ‘Os Axóuxeres’, co que se agasallou a todas as familias participantes, e tamén os materiais das edicións anteriores pódense descargar de balde en http://ir.gl/1febfb.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →