Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Comezan os cursos de especialización en orientación laboral impulsados por Traballo en colaboración co CIXUG

Por   /  15/06/2015 

    Imprimir       Email

cixugO pasado sábado deron comezo os cursos de especialización en orientación laboral que impulsa e financia a Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Consorcio universitario – CIXUG.

En concreto, hoxe iníciase tanto o curso ponte para o acceso ao título de posgrao de especialización en orientación laboral como o curso de posgrao propiamente. Trátase do cuarto ano no que se celebran este tipo de actividades formativas.

O curso ponte prolongarase ata o 5 de setembro, mentres que o curso de posgrao finalizará o 24 de outubro. Ambas actividades están xestionadas este ano como títulos propios da Universidade da Coruña e permitirán aos seus participantes acceder ao título de experto universitario en orientación laboral.

O modelo de ensino combina a teleformación coas sesións presenciais, que terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia os venres pola tarde e os sábados pola mañá.

O obxectivo é formar a profesionais que queiran desenvolver a súa actividade no eido da orientación laboral e no apoio ás persoas que están na procura de emprego.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →