Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Conde salienta que a política realista da Xunta está a impulsar o futuro do sector eólico en Galicia

Por   /  07/05/2015 

    Imprimir       Email

Molino-viento-personal-para-generar-energia-eolica

 

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou onte no Parlamento que a política realista que está a desempeñar a Xunta de Galicia ten permitido “adaptar á realidade” ao sector eólico galego impulsando o seu futuro. “Este Goberno actúa con responsabilidade e sentido común, dotando a política enerxética e ao sector eólico de realismo para garantir que os parques poidan tramitarse, que aqueles que non sexan rendibles deixen paso aos que si o sexan, e así poñer ao sector en disposición de recuperar o liderado”, incidiu.

Neste sentido, Conde salientou a “oportunidade que supón para o noso sector eólico” a poxa que ultima o Ministerio, e que abrirá a porta a optar a unha retribución específica para 500 MW. Esta oferta rexerase polo sistema de concorrencia competitiva de forma que, segundo apuntou, “os novos parques eólicos máis eficientes, que, no caso de España, son os galegos, teñen as maiores posibilidades; e os parques máis antigos, grazas á política de repotenciación impulsada por este Goberno, contan, tamén, con máis posibilidades”.

Conde lembrou que foron “as políticas desordenadas” do anterior Goberno socialista en Madrid as que supuxeron un déficit tarifario de 27.000 millóns de euros e obrigaron a tomar medidas correctoras que afectaron ao concurso eólico. Neste escenario, explicou, o Goberno galego ten actuado con firmeza esixnido o cumprimento dos investimentos, como amosan os plans industriais asociados ao concurso que suman 800 millóns de investimento e 1.800 postos de traballo.

“O Goberno galego segue a traballar con rigor, garantindo a seguridade xurídica e dando facilidades aos promotores”, sinalou Conde. Un impulso que, segundo subliñou, susténtase en catro eixos: un marco legal estable, a flexibilización e abaratamento dos custos de execución dos parques, a axilización da tramitación administrativas e o estímulo da mellora tecnolóxica. Deste xeito, explicou, o concurso eólico ten 1.939 MW en tramitación, e 11 parques autorizados que suman 254 MW e un investimento en curso de 354 millóns.

Por outra banda, no eido da defensa do consumidor, o conselleiro destacou que o goberno bipartito só abriu 9 expedientes sancionadores ás eléctricas por 97.000 euros, mentres que o actual goberno abriu 1.097 expedientes sancionadores que suman preto de 11,3 millóns.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →