Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Consellos de compra para a adquisición dos disfraces, maquillaxes e outros complementos temáticos do Samaín

Por   /  24/10/2016 

    Imprimir       Email
  • O IGC recomenda un consumo responsable de cara á celebración do Samaín
  • O Instituto Galego de Consumo achega na súa páxina web consellos de compra para a adquisición dos disfraces, maquillaxes e outros complementos temáticos
  • A iniciativa compleméntase co labor de vixilancia e control do mercado que se desenvolve durante todo o ano a través da Inspección e do Laboratorio de Consumo de Galicia

 

logo-igcO Instituto Galego de Consumo achega, a través da súa páxina web recomendacións para un consumo responsable de cara á celebración do Samaín, ofrecendo consellos de compra para a adquisición dos disfraces, maquillaxes e outros complementos temáticos.

Unha das recomendacións é non deixar as compras para o final e facer unha comparación de prezos e ofertas, xa que pode haber importantes diferenzas. No momento da compra débese esixir o tícket e coñecer os mecanismos de devolución do establecemento.

É importante ter en conta tamén que todos os disfraces teñen a consideración de xoguetes para os efectos de consumo. A etiquetaxe ten un papel fundamental na seguridade como primeira fonte de información, polo que as instrucións e advertencias deben ser lidas detidamente.

Por outra banda, é preciso comprobar que os artigos que se adquiran dispoñan do marcado CE, como xoguetes que son, e observar se teñen recomendacións de idade. No caso específico dos disfraces, débese ter coidado co tamaño dos cordóns se os teñen, e tamén deben vixiarse os posibles materiais inflamables ou cortantes.

Una mujer pinta a los niños junto al quiosco de O Malecón

Samaín 2015. O Malecón (O Barco de Valdeorras)

 

No que respecta ás máscaras, os orificios de ventilación deben ser suficientes e axeitados á idade para a que foron deseñados. Por último, no caso de usar maquillaxe é importante revisar a data de caducidade e as posibles contraindicacións.

Esta iniciativa de divulgación compleméntase co labor que desenvolven durante todo o ano tanto a Inspección como o Laboratorio de Consumo de Galicia, o único oficial público acreditado pola ENAC, que sitúan a Galicia como líder na vixilancia e control do mercado, sendo unha das comunidades que máis produtos perigosos detecta cada ano.

Cando se constata que algún produto presenta riscos, procédese a notificar á Rede de alerta de produtos de consumo non alimenticios, un sistema de información que funciona a nivel nacional e europeo e que permite a rápida adopción de medidas de reacción coordinadas para garantir a seguridade dos consumidores, como a inmobilización do produto, a retirada do mercado ou a modificación daquelas características que o converten en inseguro.

No eido dos disfraces, no que levamos de ano o Laboratorio de Consumo de Galicia analizou un total de 28 produtos potencialmente perigosos detectados pola Inspección, dos cales trala súa análise se alertaron 11, por aspectos relacionados cos cordóns, o envase, ou a inflamabilidade.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →