Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Continúa a recuperación da economía galega

Por   /  26/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A economía galega medrou un 0,7% no primeiro trimestre do ano e mantén a súa recuperación
  • Todos os sectores de actividade pecharon o trimestre en taxas anuais positivas, cun crecemento da industria manufactureira do 6,7%
  • Galicia mantén o seu pulo exportador, cun incremento do 5%
Gráfico do produto interior bruto

Gráfico do produto interior bruto

 

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou no primeiro trimestre do ano un 0,7% en taxa intertrimestral, segundo as contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto mostra que a economía galega mantén a súa recuperación, con taxas de crecemento trimestral similares ás do segundo semestre do 2015.

Segundo o IGE, a taxa interanual de crecemento segue medrando e no primeiro trimestre de 2016 aumentou ao 2,8%, mellorando en dúas décimas a cifra do trimestre anterior. Deste xeito, xa son oito trimestres consecutivos nos que mellora o ritmo de crecemento anual da economía galega.

Ademais, os datos do IGE mostran que o consumo dos fogares galegos segue medrando por riba do 2%, a formación bruta de capital crece case un 4% e as exportacións tamén medran un 5%. O incremento das exportacións de bens e servizos é ademais superior ao das importacións, polo que a achega da demanda externa é positiva.

Dende o punto de vista da oferta, todas as ramas de actividade da economía galega continúan en positivo. No primeiro trimestre mellorou o comportamento do sector industrial -medra un 5,3%, e a industria manufactureira un 6,7%- e do sector servizos (+2,4%), e tamén crecen o sector da construción (+3,2%) e o sector primario (+0,8%).

En termos de emprego, o número de postos de traballo en termos PIB medrou en Galicia un 2,3% sobre o mesmo trimestre do ano anterior, e isto supón que no último ano o número de postos de traballo a tempo completo aumentou en máis de 22.000 empregos en Galicia.

Cadro de Oferta. Índices de volume. Referencia ano 2010=100

Cadro de Oferta. Índices de volume. Referencia ano 2010=100

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →