Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Cultura e Educación convoca axudas para promover o uso do galego no ámbito local

Por   /  29/04/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo público onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria.

O obxectivo desta orde, que se pode consultar no enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150428/AnuncioG0164-220415-0004_gl.html, é fomentar a prestación de servizos lingüísticos no ámbito local durante o ano 2015 e promover o desenvolvemento planificado de actividades de dinamización do galego en concellos ou en agrupamentos de concellos de 3000 ou máis habitantes.

Modalidades e criterios de valoración

Igual ca na convocatoria do ano 2014, establécense tres modalidades para optar a estas subvencións: creación dun servizo lingüístico, o que implica a contratación de persoal técnico especialista que desenvolva accións de planificación e de dinamización do galego; mantemento ou reforzamento dun servizo xa creado e desenvolvemento de dinamización lingüística nunha entidade local carente de servizo.

A contía da subvención será variable para cada concello en función da puntuación obtida tras a análise da súa solicitude. Esta valorarase atendendo a diferentes criterios, como o tamaño e poboación da entidade que opte á axuda; a maior ou menor desgaleguización do territorio onde se sitúa a entidade local ou a incidencia da súa proposta nos ámbitos do deporte, da mocidade, das TIC, da economía ou dos servizos sociais.

Primarase a pertenza do concello á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e a colaboración con outras entidades do ámbito local para o obxectivo de promoción do galego. De acordo co establecido no Consello da Xunta do 28 de febreiro de 2013, polo que se fixaron os criterios que primarían na repartición de subvencións aos concellos, as entidades locais concorrentes obterán un incremento do 30% na puntuación que se lles outorgará para accederen á subvención no caso de presentárense agrupadas con outras.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →