Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Cultura e Educación impulsa a actividade científica nas universidades galegas a través de axudas para a creación de agrupacións estratéxicas

Por   /  08/07/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar as axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario Galego (SUG) para este ano. Esta actuación enmárcase dentro dos obxectivos do departamento de Educación do Goberno galego de impulsar unha contorna axeitada e atractiva para o desenvolvemento da actividade científica no eido universitario. Preténdese, por tanto, dotar o sistema da capacidade de liderado, estabilidade e dimensión necesaria en liñas ou áreas de investigación a longo prazo centradas en áreas prioritarias para Galicia. É dicir, fomentar as estratexias de cooperación ‘supragrupo’ que permita incrementar tanto a calidade das súas actuacións en I+D como a capacidade para asumir novos retos.

Esta liña de axudas vai destinada ás tres universidades do SUG, que poderán solicitar financiamento para as súas agrupacións estratéxicas que cumpran unha serie de requisitos como, por exemplo, que a agrupación que se pretenda crear inclúa, cando menos, 5 grupos de investigación ou un mínimo de 10 investigadores/as. Así mesmo, deberán xustificar o carácter estratéxico ou singular da agrupación no contexto galego, e valoraranse criterios tales como a combinación das súas capacidades e recursos coa finalidade de acadar mellores resultados científicos e tecnolóxicos, o establecemento de estratexias comúns de xestión e transferencia de resultados de investigación, a incorporación de novo persoal investigador en areas estratéxicas a nivel institucional, ou a maior presenza de investigadores e investigadoras do SUG en programas de intercambio internacional.

Elaboración dun plan estratéxico
Os interesados deberán elaborar un plan estratéxico para o período 2015-2020, que incluirá os obxectivos da agrupación a curto prazo (2017) e a medio prazo (2020), e á posta en marcha e funcionamento ordinario da agrupación para o período 15-17.

As axudas estarán destinadas a financiar,o custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar, o pequeno equipamento inventariable e material funxible, a formación de membros da agrupación relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías, e a organización de actividades de difusión, entre outros. O importe das mesmas repartirase en tres anualidades a razón dunha contía máxima de 100.000 euros na primeira, 250.000 euros na segunda e 150.000 euros na terceira anualidade para cada unha das agrupacións.

Doutra banda, para contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no SUG, -e en cumprimento da Lei galega para a igualdade de mulleres e homes-, á hora de valorar as solicitudes terase en consideración o liderado das mulleres nas propostas presentadas.

Tal como establece a convocatoria do DOG (que pode consultarse no enderezo electrónicohttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150708/AnuncioG0164-300615-0001_gl.html ), o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires de mañá e deberan tramitarse unicamente por medios electrónicos na sede da Xuntahttps://sede.xunta.es.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →