Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Cultura e Educación publica a licitación do stand de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016, onde Santiago de Compostela será a cidade convidada

Por   /  27/05/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación pública do servizo de deseño, construción, montaxe/desmontaxe, equipamento, transporte, almacenaxe, mantemento e servizos complementarios do stand da Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016, onde Santiago de Compostela será a cidade convidada.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas terán un prazo máximo de 15 días naturais, contados a partir de mañá mércores e deberán presentalas no Rexistro Xeral da Xunta, en Santiago de Compostela. Os pregos relativos a esta contratación, cun orzamento base de licitación de 70.000 euros, IVE incluído, pódense consultar enhttp://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22620.

‘Santiago de Compostela. SCQ Pórtico de la Gloria’

Na súa recente viaxe á cidade bonaerense, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recolleu a testemuña de México DF a Compostela como cidade convidada en 2016. Este convite suporá para Galicia unha grande oportunidade á hora de difundir a obra das autores e autores galegos no exterior e das editoriais, así como para reforzar os lazos entre a Comunidade e a coñecida como ‘quinta provincia galega’.

Galicia levará a Bos Aires unha programación que ocupará un lugar destacado na feira, o que favorecerá a proxección da cultura galega no mercado literario de América Latina. É, por tanto, un escaparate de excepción para as nosas letras, posto que se trata dun evento que cada ano reúne máis dun millón de visitantes.

Nesta edición, a Comunidade Autónoma estivo presente na feira internacional a través de cinco editoriais: Alvarellos, Bululú, Galaxia, MC Sport e Nova Galicia Edicións. Ademais, a Xunta tamén colaborou enviando libros dos selos Rinoceronte, Galaxia, Trymar, Sotelo Blanco, Xerais e Linteo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →