Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Décima edición do Outono Gastronómico

Por   /  12/09/2016 

    Imprimir       Email
  • As casas de turismo rural acollerán a X Edición do Outono Gastronómico
  • Esta promoción estará vixente entre os días 16 de setembro e 18 de decembro de 2016 e contará coa participación de 92 establecementos de toda a Comunidade autónoma
  • Os participantes poderán elixir entre tres opcións diferentes: os menús, os paquetes e as estancias de fin de semana Outono gastronómico
  • Como novidade para esta edición, un autobús de época percorrerá as sete grandes cidades galegas para promover este produto turístico deseñado para difundir a enogastronomía de Galicia e favorecer a desestacionalización turística
A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, presentou a décima edición do Outono Gastronómico en Turismo Rura. Foto Xoán Crespo

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, presentou a décima edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural. Foto Xoán Crespo

 

A X edición do Outono gastronómico en turismo rural, que este ano cumpre unha década combinando a enogastronomía coas estancias nos establecementos rurais galegos, dará comezo o próximo 16 de setembro.

Así o indicou a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polos presidentes da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal (FEGATUR); Asociación Galega de Turismo Rural, (AGATUR), Manuel Luciano Sánchez; e Asociación de Turismo Rural Agarimo, Ventura García Fafián.

O Outono gastronómico en turismo rural é un produto creado por Turismo de Galicia en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia que busca dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo a oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización.

O éxito obtido nas edicións anteriores consolida este programa como unha proposta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia de xeito tal que este ano 2016 ponse en marcha o X Outono gastronómico coa participación de 92 establecementos rurais dos que 19 son da provincia da Coruña, 24, da de Lugo; 23, da de Ourense; e 26, da de Pontevedra.

Dous menús diferentes
No outono gastronómico en turismo rural cada unha das casas participantes ofrece dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para a ocasión. Así, a oferta Menú outono gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega e outras bebidas.

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete outono gastronómico que permite degustar o Menú outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta modalidade ofrece un menú por persoa máis aloxamento e almorzo nunha nunha das casas de turismo rural participantes na promoción –noite de venres ou sábado a escoller-.

Outra das posibilidades que se recolle na promoción é gozar da Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento -noite de venres e sábado-.

Se quere compartir coa familia unha fin de semana dentro deste programa turístico, existe a Fin de semana familiar outono gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos.

Foto: Xoán Crespo

Foto: Xoán Crespo

 

Promoción
En canto á promoción deste produto, a principal novidade deste ano será o Autobús do outono gastronómico, un vehículo histórico dos anos 50. Este servirá como punto de información da campaña –tanto da historia das nove edicións anteriores como do propio X Outono- e será ademais un expositor orixinal da historia desta promoción. O autobús circulará polas sete grandes cidades de Galicia e tamén visitará Vilagarcía de Arousa.

Este ano tamén se editarán guías informativas -nos idiomas galego e castelán- que se poñen a disposición do público nos propios establecementos de turismo rural, oficinas de turismo, campos de golf e outro espazos públicos. Ademais, tamén se distribúen cartaces e dípticos para a divulgación do evento.

O outono gastronómico tamén se promoverá a través das redes sociais e outros medios de difusión da Internet.

Estas accións reforzaranse por medio dun concurso en Facebook no que Turismo de Galicia obsequiará aos gañadores con varias Fins de semana outono gastronómico para dúas persoas, en colaboración con diferentes medios de comunicación e centros comerciais que tamén ofrecen este agasallo entre os seus usuarios.

Tamén como agasallo, este ano, todos os participantes nesta promoción turística obterán un tarriño de mel galego adherido á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e personalizado coa imaxe do X Outono gastronómico en turismo rural de Galicia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →