Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O DOG publica hoxe a orde de axudas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira para mellorar o estado sanitario das explotacións

Por   /  20/04/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural e do Mar de axudas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG), que teñen como finalidade mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais. O departamento que dirixe Rosa Quintana destina a estas axudas para o período 2015-2016 máis de 2 millóns de euros.

Deste xeito, permítese incrementar paulatinamente a rendibilidade das explotacións e facilítase o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal. Polo tanto, son subvencionables os gastos derivados da actuación profesional dos veterinarios das ADSG na realización dos programas sanitarios do gando bovino, ovino e cabrún, porcino, de aves, coellos, équidos, acuicultura continental, abellas, visóns e outras especies. Estas accións descríbense no anexo IV da orde e o programa sanitario subvencionado durará dende a data da solicitude ata o 28 de febreiro de 2016.

Poderán beneficiarse destas axudas as ADSG oficialmente recoñecidas, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia, que cumpran coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, que non teñan a consideración de empresa en crise e as explotacións que as integren sexan pequenas e medianas empresas.

Os interesados deberán presentar as solicitudes unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Terán de prazo un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →