Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Dous millóns de euros para incentivar a contratación de parados de longa duración

Por   /  26/07/2016 

    Imprimir       Email
  • O DOG publica hoxe as axudas da Xunta por 2 millóns de euros para incentivar a contratación de parados de longa duración
  • Economía, Emprego e Industria activa este programa para mellorar as oportunidades dos parados de longa duración, que inclúe apoios de entre 2.500 a 23.000 euros
  • A actuación enmárcanse na Axenda 20 para o Emprego coa que a Administración ten o obxectivo de reducir a taxa de paro ata o 10% en 2020

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o programa de axudas para incentivar a creación de emprego de calidade entre os parados de longa duración. O Goberno galego inviste nesta iniciativa un total de 2 millóns de euros.

As axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria variarán, segundo a modalidade do contrato, entre 2.500 e 23.000 euros. Neste caso existen dúas modalidades neste programa: para as contratacións indefinidas iniciais e para as transformacións de contratos temporais en indefinidos. Apoiaranse as contratacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Axudas aos Parados de Longa Duración ao que o Goberno galego destinará un total de 10 millóns de euros.

A este programa de incentivos súmase un programa de orientación para incrementar nas oficinas de emprego o número de titores especializados que deseñan o Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) de cada desempregado e para a mellora da formación do persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Os parados de longa duración é un colectivo prioritario para a Xunta no marco da Axenda 20 para o Emprego, que está impulsar o emprego estable e de calidade en Galicia e coa que se busca reducir a taxa de paro ata o 10% ata o 2020.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →