Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Drogas na ensinanza secundaria: o consumo en Galicia é inferior á media estatal

Por   /  14/08/2016 

    Imprimir       Email
  • O consumo de drogas por estudantes de ensinanza secundaria en Galicia é inferior á media estatal
  • Así se desprende dos resultados da Enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España

232430-600-400A prevalenza do consumo de drogas por mozos galegos de entre 14 e 18 anos é inferior á media estatal, segundo se desprende dos resultados da Enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES), realizada pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas.

Analizáronse 18 sustancias psicoactivas, e a enquisa amosa que, en Galicia, a substancia máis consumida polos estudantes é o alcohol, por encima do tabaco e o cánnabis. Tamén constata que o consumo de drogas ilegais está máis estendido nos homes e o de drogas legais -tabaco, alcohol ou hipnosedantes- entre mulleres. En todos os casos, excepto no de hipnosedantes, aumenta coa idade.

Consumo de alcohol

En comparación coa enquisa anterior -que se realizara en 2012- a prevalenza do consumo de alcol “algunha vez na vida” baixou seis puntos porcentuais, “nos últimos 12 meses” baixou sete puntos e “nos últimos 30 días” baixou nove puntos.

Ademais, as borracheiras baixaron oito puntos porcentuais, e o binge drinking -consumo intensivo de alcohol- baixou 10 puntos. En todos os casos, os datos son inferiores á media estatal, como tamén o é a prevalenza de asistencia a botellóns, que oscila entre o 10% aos 14 anos e o 65% aos 18. A prevalenza nestes dous casos é máis elevada nos homes e aumenta coa idade.

Consumo de tabaco e cánnabis

No que atinxe ao consumo de tabaco vén baixando de forma sistemática dende o 2008, e no caso do consumo diario pasou dun 15,4% en 2008 ao 8% en 2014. O 49,5% dos estudantes conviven con persoas que fuman diariamente.

Ademais, segundo a enquisa, 1 de cada 10 estudantes probaron algunha vez un cigarrillo electrónico. O comportamento con respecto ao cánnabis é similar ao tabaco, e as prevalenzas están a diminuír de xeito constante dende 2008.

O 77% dos enquisados considéranse ben informados con respecto ás drogas. As vías máis habituais de comunicación sobre este tema son o profesorado, a familia e os medios de comunicación.

Obxectivos de ESTUDES

Dende 1994 o Plan Nacional sobre Drogas realiza cada dous anos este estudo co obxectivo de coñecer a situación e as tendencias do consumo de drogas, os patróns de consumo, os factores asociados e as actitudes ante este tema dos estudantes de ensinanzas secundarias de 14 a 18 anos.

Isto permite orientar o desenvolvemento e avaliación de intervencións destinadas a reducir o consumo e os problemas asociados. Para a última mostraxe, de 2014, foron entrevistados 37.486 estudantes de 941 centros educativos de toda España, dos que 2.102 eran galegos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →