Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Economía e Industria impulsa a internacionalización da artesanía galega coa súa participación na feira Formex de Estocolmo

Por   /  20/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, avanza na promoción da artesanía galega no mercado internacional coa participación na feira Formex de Estocolmo, o que contribúe a consolidación do sector como marca de calidade fora de España. Este evento constitúese como unha das maiores feiras de decoración de interiores do deseño nórdico, na que participarán un total de 850 expositores e 25.000 visitantes nacionais e internacionais e que se celebra na capital sueca ata o 22 de agosto.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta neste encontro unha selección de 25 obradoiros artesáns que empregan diferentes materiais para a elaboración de pezas como a madeira, a cerámica, os téxtiles, o coiro, o papel e a cestería. Deste xeito, algúns dos obradoiros que deixan constancia da tradición e vangarda que se unen na artesanía galega son as pezas de coiro do Obradoiro Media Lúa (Santiago de Compostela), as figuras tradicionais de San Andrés de Teixido elaboradas con miga de pan de Jorge Bellón (Cedeira) ou as pezas tecidas á man do Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas).

Ademais, dos exemplos devanditos, na feira contarase con representantes da olería tradicional galega: Niñodaguia, coas pezas de Alfarería Agustín (Xunqueira de Espadañedo); Gundivós, co traballo de Rectoral de Gundivós (Sober); ou Buño, coas pezas de Alfarería Lista tamén contará coa cerámica e porcelana de deseño máis contemporáneo da mán dos obradoiros de Lucía Catuxo (Trabada), Cerámica Unzueta (Brión), Suso Fernández (Taboada), Nacho Porto (Carnota), Manuel Figueiras (Muros), Regal Cerámica (Viveiro), Cerámica Suve (Cangas), Como Cuando (Vigo), Marta Armada (Vigo) e Victor Ares (A Coruña),

No stand tamén comparten espazo os cestos tradicionais de Antonio Suárez Davila (Vigo) coa cestería contemporánea con materiais téxtiles elaborados por Idoia Cuesta (Outeiro de Rei). Tamén estarán presentes pezas de madeira de Armaior (Quiroga), Artesanía Ferradáns (A Estrada), Atalanta (A Estrada) e Elena Ferro (Vila de Cruces).
Entre as novidades desta edición atópase a incorporación do novo talento galego coa presenza de tres obradoiros inscritos no 2015 no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Javier Prieto, responsable de Miolos Design, investiga materiais e novas formas creando novos produtos de coiro, a súa materia prima base. Palmira Castro ofrece desde o seu obradoiro Mimadriña en Sardiñeiro (Fisterra) unha proposta creativa na que a artesanía, a educación e a acción social se interrelacionan. Ao mundo da cerámica achégase Verónica Moar (A Coruña) cunhas pezas de porcelana de deseño limpo e boa factura.

A participación de Artesanía de Galicia na feira de Estocolmo enmárcase no Plan de Artesanía de Galicia, unha folla de ruta impulsada pola Consellería de Economía coa que se busca acadar un sector artesán sólido e sostenible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego. A comercialización e promoción do produto artesán galego a través da marca Artesanía de Galicia nos diferentes mercados, constitúe unha das liñas estratéxicas que se enmarcan dentro deste plan impulsado pola Xunta.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →