Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Economía e Industria impulsa as relacións comercias con China onde o ano pasado exportaron un 20% máis de empresas galegas

Por   /  12/06/2015 

    Imprimir       Email

foto xoán crespo 11/06/15

 

O director do Igape, Javier Aguilera, mantivo hoxe un encontro de traballo cunha delegación institucional do condado de Ninghai, na provincia de Zhejiang, onde salientou a aposta da Xunta por incrementar as alianzas e relacións económicas e empresariais de Galicia e China. Neste sentido, no 2014 exportaron a China 421 empresas galegas, un 21% máis que no 2013.

A reunión permitiu explorar as posibilidades de alianza e cooperación co país asiático, en especial co Goberno de Ninghai, zona de desenvolvemento industrial da cidade de Ningbo, valorando as oportunidades de colaboración en sectores como o agroalimentario, a pesca, a acuicultura e as novas tecnoloxías.

Neste contexto, explicou Aguilera Navarro, o sector agroalimentario é un dos que máis está a apostar pola procura de novos destinos para os produtos de calidade. De feito, salientou que o mercado chino é un nos que máis se está a traballar, e apuntou que un grupo de empresas do sector, coordinado por Clusaga, implantouse comercialmente nel, ao abeiro dun proxecto Primex apoiado polo Igape.

Este esforzo, sinalou o director do Igape, encádrase no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 que está a desenvolver a Xunta, co obxectivo de acadar as 8.000 empresas exportadoras e incrementar nun 25% o investimento estranxeiro en Galicia en 2020.

Aguilera destacou que, ao abeiro desta Estratexia, o Goberno autonómico colabora co tecido produtivo galego na procura de novos mercados de alto potencial e interese estratéxico, como é o caso de China, onde hai unha oficina da rede Pexga ao servizo dos empresarios galegos.

No encontro, que se desenvolveu na sede do Igape, participaron, xunto aos 16 integrantes da delegación china, representantes da Axencia Turismo de Galicia e de Galicia Calidade, do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), de Anfaco, Cetmar, do Clúster TIC e de IFEVI, así como un grupo de empresarios do sector alimentario.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →