Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Economía e Industria salienta a colaboración cos centros tecnolóxicos de ATIGA como panca para a captación de investimentos no marco do horizonte 2020

Por   /  12/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, e o presidente da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), Juan Manuel Vieites, asinaron onte un acordo que incrementará as posibilidades de Galicia de obter fondos do programa europeo Horizonte 2020. Mediante un investimento conxunto de máis de 400.000 euros, GAIN e ATIGA buscan facer de panca para impulsar a participación nos proxectos europeos das pemes e dos centros tecnolóxicos da comunidade, mellorando a preparación das solicitudes presentadas a Bruxelas, e impulsando o seu posicionamento, participación, liderado e posibilidades de obter financiamento do citado programa.

Varela subliñou que Galicia ten como obxectivo inicial a captación de 120 millóns do H2020 nos vindeiros cinco anos, e resaltou as capacidades dos centros de coñecemento e as empresas galegas para facerse un importante oco no programa europeo. Neste senso, lembrou a evolución que Galicia ten acadado na captación de fondos europeos de innovación, pasando de obter 15 millóns de euros no sexto Programa Marco de I+D+i da UE a superar os 80 millóns no séptimo. E salientou que Galicia foi berce da empresa máis nova de Europa en recibir financiamento do H2020, a coruñesa Torus Software, unha spin off da USC dedicada a solucións de software no ámbito das finanzas ou telecomunicacións.

O acordo, resaltou o director da GAIN, busca ademais fomentar e impulsar actuacións que contribúan á internacionalización do sistema galego de I+D+i e a súa visualización, promocionando a imaxe corporativa e as actividades de ATIGA, así como a súa presenza e participación en foros e redes de coñecemento nacionais e internacionais. “Queremos contribuír á internacionalización da innovación galega, tecendo redes de colaboración internacionais que reforcen aínda máis o noso potencial”, defendeu.

Ademais, o convenio pretende promover o emprendemento asociado á innovación que realizan os centros tecnolóxicos integrados en ATIGA (CTAG, AIMEN, Anfaco-Cecopesca, Gradiant, ITG e Energy Lab), que suma un volume de ingresos de 46,8 millóns de euros e uns activos de 80 millóns.

Esa colaboración entre empresa e os centros tecnolóxicos foi destacada tanto por Varela como por Vieites. Neste senso, o presidente de ATIGA subliñou como “moi acertadas” as medidas “a favor da I+D+i empresarial e o fortalecemento dos Centros Tecnolóxicos” postos en marcha polo Goberno galego nos últimos anos, como os Convenios de Infraestruturas Científicas; as convocatorias de innovación aberta Innterconecta e Conecta Peme; a creación de Unidades Mixtas de Investigación; os Contratos Programa ou o impulso á Industria 4.0, que a través da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, lle está a dar un papel protagonista aos centros na reinvención da industria galega.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →