Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

En 2016 Turismo de Galicia participou en 41 feiras sectoriais, 29 delas no estranxeiro

Por   /  28/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Turismo de Galicia participou en 41 feiras sectoriais ao longo do ano 2016, das que 29 foron no estranxeiro
  • Os produtos e os servizos turísticos galegos estiveron presentes nas principais feiras turísticas do mundo, FITUR de Madrid; ITB de Berlín e WTM de Londres
  • O departamento autonómico de Turismo promoveu tamén de xeito específico os principais recursos turísticos da Comunidade galega

 

 

O destino Galicia foi promovido este ano por Turismo de Galicia en 41 feiras sectoriais, 29 certames internacionais e 12 nacionais, o que permitiu unha promoción global nos distintos mercados mundiais.

Ao longo deste 2016, Turismo de Galicia levou a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos aos principais certames turísticos do mundo, entre os que salientan a Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, en xaneiro; a Internationale Turismus Börse (ITB), de Berlín, en marzo; ou a World Travel Market (WTM), de Londres, en novembro.

Para a promoción xenérica no eido internacional, o departamento de Turismo da Xunta participou nas seguintes feiras, ademais da ITB e a WTM: Vakantiebeurs, de Utrecht-Holanda, en xaneiro; Matka, de Helsinki-Finlandia, tamén en xaneiro; Holyday World, de Dublín-Irlanda, en xaneiro; Salon des vacances, de Bruxelas-Bélxica, en febreiro; Free, de Munich-Alemaña, en febreiro; ANATO de Bogotá-Colombia, en febreiro; Ferie for Alle, celebrada de Herning-Dinamarca, en febreiro; MITT, de Moscú-Rusia, en marzo; WTM América Latina de São Paulo-Brasil, en marzo; Salon Mondial du Tourisme de París-Francia, en marzo; Mundo Abreu, de Lisboa-Portugal, en abril; Jata, de Tokio-Xapón, en setembro; International Tourism & Travel Show de Montreal-Canadá, en outubro; e Festuris de Gramado-Brasil, en novembro.

Ademais, no ámbito nacional, o turismo galego estivo representado en todos os certames turísticos organizados nos principais mercados emisores para Galicia. Deste xeito, ademais de FITUR, Turismo de Galicia participou nas feiras de carácter xeneralista Navartur, en Pamplona, en febreiro; Sevatur, en San Sebastián, no mes de marzo; Turexpo, en Silleda, tamén en marzo; B Travel de Barcelona, en abril; e o Salón de Turismo INTUR, en Valladolid, no mes novembro.

Produtos senlleiros

Este ano, para a promoción específica dos produtos turísticos galegos máis senlleiros, Turismo de Galicia participou en 9 certames especializados ao obxecto de difundir e apoiar a súa comercialización.

Deste xeito, en relación ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo, o departamento de Turismo da Xunta de Galicia, ademais de promover a ruta en todos os certames turísticos, participou na feira específica Sacroexpo, celebrada en Kielce-Polonia, en xuño.

No eido dos produtos turísticos, o turismo de saúde púidose promover nos certames Thermalies, de París, celebrado en xaneiro, e Termatalia, celebrado en México o pasado mes de setembro.

Polo que respecta ao turismo náutico da Comunidade galega, Turismo de Galicia instalou recintos de promoción no Grand Pavois, de La Rochelle, Francia, o mes de setembro, e o Salón náutico de París, celebrado os primeiros días de decembro.

Canto ao golf, este produto promoveuse de xeito específico no certame Madrid Golf, celebrado en abril na capital de España.

Ademais, a ornitoloxía, un dos produtos turísticos emerxentes na Comunidade galega, contou tamén cunha promoción específica na feira FIO, celebrada en Monfragüe, Extremadura, no mes de febreiro.

Canto, ao cicloturismo, o sendeirismo e á bicicleta de montaña, Turismo de Galicia participou no certame Unibike, que tivo lugar en Madrid o pasado mes de setembro.

Por último, para promover a gastronomía, Turismo de Galicia estivo presente no certame Xantar, celebrado na cidade de Ourense no mes de febreiro.

Turismo de reunións

Ademais destes certames turísticos, Turismo de Galicia participou en 11 feiras e encontros profesionais relacionados coa promoción do turismo de reunións.

Así, ao longo de 2016, o departamento de Turismo da Xunta promoveu esta modalidade turística este mes na feira ILTM, celebrada na cidade francesa de Cannes.

Turismo de Galicia tamén participou na feira ConfecBlue e no workshop Meeting & Summit Incentive, destinado á comercialización do turismo de negocios entre os operadores internacionais e no workshop ConfecRed, que convocou aos axentes británicos máis importantes deste sector.

Ademais, estivo presente no Salon Réunir de París, co fin de promover a organización de congresos na Comunidade galega entre os operadores turísticos franceses, e na feira IMEX de Fráncfort para difundir entre os operadores turísticos europeos os valores do turismo de negocios galego.

Por outra parte, o departamento de Turismo da Xunta asistiu en Madrid ao certame M & I Forum Europa, así como á feira The Meeting Space Autum, en Grecia, así como ao evento TTG Incontri, que tivo lugar en Rímini (Italia), onde promoveu o turismo de negocios galego no mercado italiano, e participou na feira IBTM World de Barcelona.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →