Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Ethel Vázquez anima a cidadáns e concellos a facer un uso responsable da auga, que evite o gasto innecesario deste recurso

Por   /  25/08/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, defendeu onte a mañá na Coruña a necesidade de que tanto cidadáns como concellos fagan un consumo responsable da auga. “Pedimos un uso responsable, que evite o gasto innecesario e o desperdicio dun recurso tan importante como é auga”, indicou.

Durante a visita realizada o expositor da campaña Máis claro auga promovida por Augas de Galicia e coordinada coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que hoxe arrancou na cidade da Coruña, a conselleira explicou que sempre é necesario afrontar con responsabilidade o consumo de auga, pero este ano o esforzo ten que ser maior, xa que desde mediados de xullo está activada a prealerta por seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

A activación da prealerta está motivada pola constatación de que no mes de xullo o caudal dos ríos e a entrada aos encoros era menor do esperable en comparación coas series históricas de meses de xullo pasados. A conselleira incidiu en que “en Galicia non sobra nin unha pinga de auga” e destacou que con pequenos xestos como revisar que as billas pechen ben, todos podemos contribuír no mantemento das reservas hídricas.

Segundo recolle o Plan da seca aprobado polo Goberno galego, nesta fase de prealerta o principal obxectivo é a sensibilización a concellos e poboación en xeral para fomentar unha redución do consumo. Por isto estase a desenvolver esta campaña de concienciación.

Ethel Vázquez informou de que, en calquera caso, o abastecemento nas grandes cidades dependentes dos encoros está garantido: O nivel das reservas sitúase no 76% que pese a ser inferior ao ano pasado (que era do 95% a mesma semana, nun ano que foi excepcionalmente chuvioso), non supón un problema a medio prazo. De feito, as chuvias da semana pasada serviron para recuperar lixeiramente os caudais dos ríos e as reservas dos encoros reducíronse a un ritmo moito menor do que viña ocorrendo antes.

Con todo, a conselleira explicou que hai motivos suficientes para acentuar o fomento do consumo responsable da auga, un feito que, ademais, supón un aforro importante de cartos para familias e administracións públicas; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais.

Máis claro auga
A campaña divulgativa con información na rúa que hoxe botou a andar na Coruña insírese nunha acción de goberno global encamiñada a acadar un consumo responsable da auga. En contra do que se poida pensa, en Galicia non sobra a auga, e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación.

Despois da cidade da Coruña, a campaña na rúa chegará á cidade de Ourense (o 26 de agosto), para continuar nas seguintes semanas en Ferrol, Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Ademais das accións divulgativas a pé de rúa, que inclúen o reparto de folletos informativos, a campaña que ten en marcha a Consellería de Medio ambiente, compleméntase coa distribución de cartelería así como accións divulgativas nos medios de comunicación.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →