Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Feijóo destaca o albariño como “un viño que traspasa as nosas fronteiras” e subliña o peso das exportacións que representa un 25% do total da produción

Por   /  04/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (5)O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou o domingo os datos de exportación do viño da D.O. ‘Rías Baixas’ que no último curso acadaron máis de 50.000 hectolitros que representan o 25% de toda a produción e que viaxaron a países como Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Bélxica, Xapón, México, Suíza ou Noruega. Neste senso, o titular do Goberno autonómico definiu o albariño como “un viño que traspasa as nosas fronteiras”. O presidente participou nos actos de celebración da Festa do Viño Albariño, que este ano acada a súa LXIIIª edición.

Non só destacou Feijóo os datos de internacionalización, senón que tamén subliñou algunhas cifras da súa extensa produción. Así, o mandatario fixo fincapé nas 4.027 hectáreas para producir viño coa Denominación de Orixe ‘Rías Baixas’, nos “máis de 6.000 viticultores que coidan das súas vides”, nos “case 25 millóns de quilos de uva ‘Rías Baixas’, dos cales máis de 19 millóns foron de viño cualificado” producidos en 2014 ou no valor económico estimado alcanzado no mercado “que rozou os 1.000 millóns de euros”.

Tocante á tradición da Festa do Albariño que neste 2015 cumpre 63 anos, o presidente de Galicia apuntou que “o albariño converteuse co paso do tempo nunha sorte de freguesía que reúne a súa parroquia cada primeiro domingo de agosto”. “Non pasa ano no que este Pazo de Fefiñáns e a vila enteira non estean máis ateigados que o anterior”, abondou.

Seis novas damas e cabaleiros
Nas súas verbas, Feijóo gabou a traxectoria dos “seis nomes que este ano engrosan a ilustre institución protectora do viño cambadés teñen tanto merecemento desta homenaxe como bo traballo farán en nome do albariño”. As tres novas damas e os tres novos cabaleiros da Orde do Albariño foron investidos polo presidente da Xunta.

Entre os galardoados atópanse persoeiros do mundo do xornalismo, como o presentador, escritor e pregoeiro da Festa do Albariño, Manuel Gimenez Cuevas ou a directora da TVG, Rosa Vilas; profesionais que traballan na industria do viño como a presidenta de Masters of Wine, Sarah Janes Evans, ou o director da Adega Bouza do Rei, Isidoro Serantes; xentes das finanzas como o vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, ou da política, como é o caso da nova alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →