Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Feijóo nomea Goberno

Por   /  13/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O Presidente da Xunta nomea o Goberno Galego

image_gallery

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, no día de hoxe, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito:
1-. Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela

2-. Conselleiro de Facenda. Valeriano Martínez García

3-. Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Beatriz Mato Otero

4-. Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez Mourelle

5-. Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde López

6-. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Román Rodríguez González

7-. Conselleiro de Sanidade. Jesús Vázquez Almuiña

8-. Conselleiro de Política Social. José Manuel Rey Varela

9-. Conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez Mejuto

10-. Conselleira do Mar. Rosa Quintana Carballo

 

image_gallery-1

 
VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

– Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta

– Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia

– É presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra
CONSELLEIRO DE FACENDA. VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA

Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

– Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda

– Ata o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia

– Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia
CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. BEATRIZ MATO OTERO

Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o Máster de Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios MBA homologado pola Universidade da Coruña.

– Técnico de Sistemas na multinacional IBM

– Técnico comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.

– Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A.

– Formou parte do Igape, o Instituto Galego de Promoción Económica, onde puxo en marcha a Unidade de Información Empresarial adscrita ao mesmo e foi delegada da súa oficina territorial na Coruña

– Foi delegada provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña

– Como deputada no Parlamento de Galicia, na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo
CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVIENDA. ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE

Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

– Desde setembro de 2010 ata o seu nomeamento como conselleira en xuño de 2014 foi directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas)

– Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 – setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003
CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E E INDUSTRIA. FRANCISCO CONDE LÓPEZ

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades:
– Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman
– Secretario do Instituto de Estudos Europeos
– Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004
– Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005
– Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009
– Foi asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012

 

CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Nado en Lalín en 1968, é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou con premio extraordinario e onde é profesor titular. Posúe un título de Máster en Desenvolvemento Local.

– É deputado autonómico e desempeñou o cargo de viceportavoz no Grupo Parlamentario Popular, así como portavoz nos eidos de Educación e Ordenación do Territorio

– Formou parte da corporación local de Lalín como tenente alcalde


CONSELLEIRO DE SANIDADE. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA

Naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

– Foi alcalde de Baiona entre os anos 2004 e 2015 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003 ata 2015

– Foi director provincial do Sergas de Pontevedra, así como director-xerente, coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente e médico do Servizo de Admisión do hospital Meixoiro

– Con anterioridade, foi coordinador dos servizos de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa, así como xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias

– Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia
CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL. JOSÉ MANUEL REY VARELA

Naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.
– Foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e concelleiro no Concello de Ferrol

– Entre os anos 2011 e 2015, exerceu como alcalde de Ferrol, municipio no que foi edil desde 2002 ata 2015 e onde tamén foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude entre 2003 e 2007

– Foi deputado provincial na Coruña entre os anos 2007 e 2011

– Foi presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia


CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL. ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO

Naceu en Melide en 1972. Acadou a licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e Cultura.

– Foi alcaldesa de Melide entre os anos 2004 e 2007 e 2011 e 2015

– Previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación

– Foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia

– Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación
CONSELLEIRA DO MAR. ROSA QUINTANA CARBALLO

Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese ‘Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado’.

– Comezou a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como inspectora pesqueira

– Ocupou os postos de xefa de sección de Inspección Pesqueira, xefa do Servizo de Marisqueo e de delegada territorial da devandita Consellería en Vigo

– Foi nomeada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

– Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como poñente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura

– No ano 2007, participou como experta da Unión Europea na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na UE para produtos da pesca e acuicultura en Puerto Varas (Chile)

 

image_gallery-2

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →