Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Feijóo salienta o proceso de internacionalización que está a vivir o sector vitivinícola e anímao a seguir afondando na aposta polo etiquetado

Por   /  30/06/2015 

    Imprimir       Email

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nœ–ez Feij—o, participar‡ no acto de entrega de premios das Catas de Vi–os e Augardentes.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte o proceso de internacionalización que está a vivir o sector vitivinícola e animouno a seguir afondando na aposta polo etiquetado.

Durante o acto de entrega de premios das Catas de Viños e Augardentes, Feijóo resaltou o esforzo dos produtores de viño, augardente e licores por modernizarse, internacionalizarse e por buscar un produto dunha calidade cada vez maior, e reafirmou o compromiso da Xunta co sector.

Como proba do traballo destinado á mellora da distribución, comercialización e internacionalización, o titular do Goberno galego lembrou que Galicia produce hoxe un 20,4% máis de viño que na campaña 2008/09; “producimos un viño mellor valorado, xa que o valor do que elaboraron as cinco denominacións de orixe superou os 150 millóns de euros; e, exportamos moito máis como reflicte o feito de que o peso relativo do viño que venden ao exterior creceu un 43% entre a campaña de 2008/09 e a pasada”.

Nesta liña, e a modo de exemplo, resaltou que na Ribeira Sacra multiplicouse por vinte o peso do viño que se vende nos mercados internacionais; “e, no Ribeiro, as exportacións son tres veces e media superiores ao que eran seis anos antes”.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu tamén na importancia de que un produto con selo galego sexa sinónimo de calidade e, neste contexto, enmarcou o esforzo que está a levar a cabo o Executivo autonómico para evitar que se vendan viños, licores e augardentes sen etiquetar. “A loita contra os produtos sen identificar é tamén unha loita a prol de aqueles que si cumpren a lei”, aseverou, facendo fincapé en que buscar un produto de calidade cada vez maior beneficia ao sector e ao prestixio de Galicia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →