Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Futuro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: a importancia da estratexia de especialización intelixente

Por   /  20/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Conde defende a importancia da estratexia de especialización intelixente no futuro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
  • Destaca a necesidade de “poñer o acento” nos cidadáns, nas novas tecnoloxías e no capital humano para mellorar a calidade de vida dos preto de 6,5 millóns de persoas que viven na Eurorrexión
  • A primeira RIS3 que desenvolven Galicia e o norte de Portugal ten como obxectivo mobilizar 360 millóns de euros ata 2020 en proxectos de innovación
  • Conde sinala que a Eurorrexión, desde o seu nacemento fai 25 anos, contribuíu á integración cultural, económica e tecnolóxica dos dous territorios, colaborando en eidos estratéxicos como a I+D+i, o deseño ou a loxística

 

image_gallery-1

Conde defendeu a importancia de que a Eurorrexión que conforman a comunidade galega e o norte do país luso aposte pola Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) para “poñer o acento” nos cidadáns, nas novas tecnoloxías e no capital humano, o que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos preto de 6,5 millóns de persoas que viven nesta área.

Conde fixo especial fincapé na posta en marcha da primeira Estratexia de Especialización Intelixente transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal co obxectivo de mobilizar 360 millóns de euros ata finais desta década en proxectos de innovación. En concreto, citou cales serán os principais retos nesta materia: a consolidación da aposta polas enerxías renovables; a mellora da competitividade dos sectores agroalimentario e biotecnolóxico; o desenvolvemento das industriais de mobilidade; o impulso da Industria 4.0; o fomento da innovación nas industrias creativas e turísticas a través das TIC; e a posta en marcha de novas solucións para a vida saudable baseadas no envellecemento activo.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que este desenvolvemento conxunto da RIS3 se traduce na creación de emprego cualificado e de calidade; na posta en marcha de pemes con máis peso pola súa especialización e diversificación; na captación de investimentos procedentes de grandes empresas de fóra e de convocatorias públicas internacionais; e na consecución de centros de coñecemento máis preparados para estar ao servizo do sector produtivo en áreas estratéxicas.

Conde sinalou que a clave reside en sacar proveito das sinerxías positivas que existen entre Galicia e o norte de Portugal para ser máis competitivos e contar con máis forza no contexto internacional. Neste sentido, o conselleiro eloxiou os 25 anos desta Eurorrexión, que permitiu dar un pulo cara a integración cultural, económica e tecnolóxica dos dous territorios, colaborando en eidos estratéxicos para ambas economías, como a I+D+i, o deseño ou a loxística.

A través desta filosofía, a Eurorrexión acadou 150 millóns de euros dos Fondos Estruturais para Cooperación Transfronteiriza -o 40% do total- durante o período 2007-2013; unha aposta pola cooperación que agora se repite entre ambos territorios para afrontar os retos da Estratexia Europa 2020. Por este motivo, o conselleiro agradeceu ao grupo Colmeiro a organización desta xornada en Sober para avanzar no camiño que debe seguir a Eurorrexión nos vindeiros anos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →