Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia acada un máximo histórico no mes de maio ao recibir máis de 400.000 viaxeiros

Por   /  01/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, no pasado mes de maio Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros do 8,6%, ata situarse en máis de 400.000 -400.568-, cifra que marca un máximo histórico na comunidade, superando incluso o nivel acadado no último Xacobeo 2010. Así mesmo, Galicia incrementou tamén neste quinto mes as súas pernoitas nun 5% neste caso, contabilizando preto de 690.000 -686.351-.

A nivel estatal tamén melloraron os niveis de demanda regrada, aumentando un 7,3% os viaxeiros e un 5,3% as pernoitas.

En canto aos segmentos de mercado, tanto o mercado nacional como o internacional mantiveron unha tendencia positiva no mes de maio.

O mercado nacional incrementouse nun 5% no que atinxe aos viaxeiros e nun 4,1% no tocante as pernoitas. O incremento do turismo nacional produciuse nas dúas grandes tipoloxías de aloxamento regrado, subiu un 3,7% nos establecementos hoteleiros e un 9,6% nos extrahoteleiros.

Pola súa parte, o mercado internacional incrementou un 6,7% as súas pernoitas e un 14,3% os seus viaxeiros. A mellora do turismo internacional produciuse tamén en ambas modalidades, incrementouse nun 4,5% no segmento hoteleiro e nun 40,4% no extrahoteleiro.

Deste xeito, o turismo internacional acadou no mes de maio máximos históricos tanto de volume de viaxeiros e pernoitas, con 162.600 e 228.155 respectivamente, como do peso sobre o conxunto da demanda ao supoñer o 40,6% do total dos viaxeiros e o 33,2% das pernoitas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →