Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia asume en Bruxelas a representación das comunidades autónomas no grupo de traballo de emprego

Por   /  23/07/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryGalicia asume neste segundo semestre de 2015 a representación das comunidades autónomas españolas no grupo de traballo de asuntos sociais, preparatorio do Consello da Unión Europea na súa área de Emprego, Política social, Sanidade e Consumidores (EPSCO), un papel que recae na Consellería de Traballo e Benestar.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, desprazouse onte a Bruxelas para participar na reunión deste grupo de traballo. Nesta primeira xuntanza, debatéronse as emendas do Parlamento Europeo ao texto que recolle as propostas sobre as directrices para as políticas de emprego dos estados membros.

Durante os próximos seis meses, o departamento autonómico participará activamente nas reunións de traballo deste grupo preparatorio, e coordinará as negociacións necesarias para acadar unha posición común entre as comunidades autónomas que, de ser alcanzada, será elevada ao Consello EPSCO en outubro e decembro.

Ademais, a responsable autonómica mantivo outros encontros de traballo en Bruxelas. Así, reuniuse con responsables da Dirección Xeral de Emprego da Comisión Europea para a Garantía Xuvenil. Na xuntanza, avaliouse a implantación deste sistema nos diferentes países, e valorouse positivamente algunhas das medidas postas en marcha por Galicia, como o tratamento personalizado dos mozos e mozas a través da rede de orientadores YEI, ubicados nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Xa por último, Díaz López reuniuse tamén coa directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, e a conselleira autonómica da Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER), Yolanda Ortiz, para afondar no papel que desempeñará o departamento autonómico durante os próximos seis meses dentro do xa mencionado grupo de traballo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →