Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia convértese dende hoxe no epicentro do turismo de surf a nivel mundial

Por   /  31/08/2015 

    Imprimir       Email

surfA praia de Pantín acolleu esta mañá a 28 edición do circuíto mundial da World Surf League, ‘Pantin Classic Galicia Pro’ nun acto que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame ‘Pantín Classic Galicia Pro’ ocupa un lugar moi destacado, e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional. É o único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España, un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro mais antigo a nivel internacional.

Un ano máis, a Xunta de Galicia colabora na organización e promoción deste gran evento turístico-deportivo afianzándose como un dos colaboradores principais dun campionato que, ademais de posibilitar aos asistentes coñecer unha das nosas fabulosas praias aptas para a realización da práctica deportiva e posicionar a nosa comunidade como destino de surf, permitirá mostrar todo o encanto da Galicia costeira.

Así, durante a súa celebración, dende mañá 1 de setembro ata o próximo domingo 6, a nosa comunidade acollerá aos mellores surfistas profesionais que se achegarán a Galicia dende todas partes do mundo. E neste ano, especialmente, xa que esta nova edición bateu records de inscricións con 128 chicos participantes e un total de 72 chicas.

Durante o acto de presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que a vixésimo oitava edición deste campionato situará a nosa comunidade no epicentro do turismo de surf a nivel mundial. “O Pantín Classic terá, un ano máis, en Galicia o mellor dos escenarios posibles, a costa galega e en concreto a de Ferrolterra que ofrece excepcionais condicións para a práctica deste deporte”, afirmou.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que cada vez máis, a práctica de deportes náuticos constitúe un dos motivos fundamental dos viaxeiros á hora de elixir un destino. Neste senso, Nava Castro afirmou que “este campionato volverá a ser un potente dinamizador turístico para esta zona e un exemplo en vivo do desenvolvemento turístico sostible e respectuoso coa preservación ambiental.”

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou “o orgullo que supón para Galicia ser a única comunidade española que ano tras ano segue a acoller un evento de surf profesional de carácter internacional, gracias ao traballo intelixente e constante que durante preto de tres décadas ven desenvolvendo o Club Praia de Pantín, e que ten como froito un dos certames máis lonxevos e valorados a nivel europeo nesta modalidade deportiva”.

Así mesmo, valorou positivamente o traballo de promoción e extensión do deporte do surf que o Club Praia de Pantín desenvolve ao longo do ano, por tratarse dunha modalidade deportiva na que Galicia está chamada a crecer notablemente e para a que conta cuns enclaves de costa de indubidable interese.

Aposta polo turismo deportivo O Plan Integral de Turismo de Galicia recolle a promoción e apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos co obxectivo de cumprimentar a segunda liña da estratexia turística galega relacionada coa oferta baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos.

Así, entre as accións a impulsar configurase o apoio á organización de eventos deportivos en Galicia en base a criterios de impacto económico nos territorios, prestando unha atención singular a aquelas especialidades deportivas que poñan en valor os recursos naturais e culturais da nosa comunidade e ás que se poidan diferenciar como produto turístico propio.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →