Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia é a cuarta comunidade autónoma cunha maior suba do IPI grazas a un incremento de 4,6 puntos no mes de maio

Por   /  06/07/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaO Índice de Produción Industrial (IPI) mellorou en Galicia no mes de maio un 4,6% con respecto ao mesmo mes do anterior exercicio, segundo os datos que vén de publicar o Instituto Nacional de Estatística. Esta suba sitúa á Comunidade como a cuarta cun maior crecemento neste período, case tres puntos por riba do incremento do 1,7% da media estatal.

O aumento, debido ao bo comportamento de practicamente todos os sectores industriais, permite que a cifra interanual do IPI galego se sitúe en positivo por primeira vez no que levamos de exercicio, chegando ao 0,6%.

Neste contexto, cómpre salientar o incremento que está a rexistrar a industria manufactureira, que comprende a maioría dos sectores agás enerxía e actividades extractivas. A produción desta industria aumentou, no mes de maio, un 6,5%, cinco puntos máis que no conxunto do Estado. Así mesmo, o dato interanual reflicte un aumento do 2,1% fronte ao 1,6% da media do resto de comunidades, o que se está a reflectir nun descenso do paro industrial do 15,9% no que vai de ano.

Estes resultados amosan unha tendencia de crecemento industrial que o Goberno galego está a impulsar co desenvolvemento da Axenda da Competitividade Industrial Galicia – Industria 4.0, que inclúe medidas como a rebaixa do chan industrial ou o apoio á fábrica intelixente, que perseguen potenciar a competitividade da nosa industria.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →