Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia no festival brasileiro de Gramado

Por   /  01/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Turismo de Galicia participa esta fin de semana no festival brasileiro de Gramado
  • Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no sur do Brasil, con influencia en Arxentina, Uruguai e Paraguai
  • Turismo de Galicia presentaralles aos operadores turísticos brasileiros a oferta turística xeral da Comunidade e do Camiño de Santiago, en particular, un dos produtos estrela neste mercado
  • No que vai de ano chegaron a Compostela un total de 4.107 peregrinos chegados do Brasil superando xa a cifra acadada no pasado ano

 

palacio_dos_festivaisTurismo de Galicia participará esta fin de semana no Festival de Gramado, unha feira de carácter exclusivamente profesional que se celebra ao longo dos días 4 e 5 de novembro nesta cidade do Estado brasileiro de Río Grande do Sur. O certame está considerado un dos máis importantes centros de negocios turísticos do sur do Brasil, con influencia noutros países do cono sur americano: Uruguai, Paraguai e Arxentina.

Turismo de Galicia presentaralles, así, aos operadores turísticos do sur do Brasil a oferta turística xeral da Comunidade e do Camiño de Santiago, en particular, un dos produtos estrela neste mercado. Farao nun recinto de deseño de 24 metros cadrados no que os visitantes poderán achegarse aos produtos e servizos turísticos de Galicia, así como á historia e ás distintas rutas do Camiño de Santiago.

O obxectivo é dar a coñecer e potenciar a visita a outras zonas galegas despois da estancia en Santiago, xa que na última edición comprobouse que os visitantes tiñan moitas referencias do Camiño e da cidade de Santiago, pero descoñecemento do resto da oferta galega.

Peregrinos brasileiros
O longo do pasado ano, un total de 3.938 brasileiros fixeron o Camiño de Santiago, polo que supuxeron o 1,5% dos peregrinos totais que chegaron a Compostela en 2015, sendo Brasil o décimo país estranxeiro en orde de importancia segundo a procedencia. No que vai deste ano a cifra de peregrinos chegados do Brasil vai en aumento ao chegar xa un total de 4.107, superando, así, a cifra acadada no pasado ano.

 
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →