Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia rexistra a segunda primavera máis cálida e seca dos últimos 18 anos

Por   /  14/06/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (3)

 

Galicia está a rexistrar este ano a segunda primavera máis cálida e seca desde hai 18 anos, superada soamente pola do ano 2011. Só ese ano superouse a temperatura media que rexistramos neste período, que foi de 11.9ºC. Estas son algunhas das conclusión destacadas no avance do Informe de primavera realizado por MeteoGalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e que toma como referencia os meses de marzo, abril e maio.

No tocante ás precipitacións, o estudo indica que xunto coa do 2011, esta primavera está a resultar a máis seca dos últimos 25 anos. A chuvia rexistrada foi inferior nun 34% a valores climáticos de referencia do período 1971-2000.

Temperatura media na primavera 2015

A primavera comezou cun mes de marzo no que as temperaturas estiveron moi preto da normalidade. Neste mes obsérvanse dous períodos moi diferenciados: un cálido, nas xornadas entre o 5 e o 10, e un período frío que na segunda e a terceira semana do mes. Isto provocou que as anomalías positivas do primeiro período se cancelasen coas negativas do segundo e se tivesen en cómputo temperaturas medias normais.

Sen embargo, no mes de abril, as temperaturas foron en xeral máis altas do normal, grazas a dous períodos anticiclónicos, comprendidos entre a primeira semana do mes, e entre o 11 e o 14. Esta anomalía positiva de temperatura prevaleceu no resultado final do mes, xa que os días nos que se rexistraron precipitacións non foron demasiado fríos.

Maio foi tamén un mes cálido e, nos escasos días de principio de mes nos que choveu, os ventos tiñan compoñente suroeste, o que implica que as temperaturas foran suaves en xeral, a isto tamén contribuíron a gran cantidade de días anticiclónicos nos que as temperaturas acadaron valores elevados para a época do ano, principalmente no sur, onde a anomalía positiva é máis acusada.

As zonas de alta montaña ourensá e luguesa, así como a Serra do Xistral presentaron os valores máis baixos de temperatura. Nas comarcas do Baixo Miño e o Condado, rexistráronse os valores máis altos.

image_gallery (4)

 

Chuvias

Tras un inverno seco, a primavera continuou na mesma tónica, cunha porcentaxe de precipitación un 37 % inferior ó valor climático no período de referencia 1971-2000. Marzo foi seco en xeral, pola persistencia das condicións anticiclónicas, o que se reflectiu tanto na cantidade de precipitación coma no número de días de chuvia.

No mes de abril, seguiu a mesma tendencia e o mes resultou seco, xa que as chuvias foron menos cuantiosas do normal. Como adoita ocorrer no mes de abril, os días de chuvia estiveron repartidos entre días de tormenta, no que destacou o 21, e os días con chuvia frontal polo achegamento de borrascas.

Finalmente, maio tamén resultou seco, as escasas chuvias concentráronse na primeira semana do mes. Neste caso, os ventos sopraron de sur-suroeste, o que fixo que as chuvias fosen máis cuantiosas nas Rías Baixas, no Barbanza e na Terra de Xallas, no oeste da Comunidade.

Nestas zonas a escaseza de precipitación foi menos notoria, e mesmo algunhas localidades resultaron húmidas. Porén, no leste de Galicia o tempo seco fíxose notar, xa que nestas zonas choveu menos da metade do agardado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →