Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia rexistrou un total de 2.154 accidentes laborais no mes de maio

Por   /  22/06/2015 

    Imprimir       Email

empleados de la construccionO total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en maio de 2015 aumentou nun 8,13%. Neste mes rexistráronse 2.154 accidentes fronte aos 1.992 rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 2.124 foron accidentes leves, 28 graves e 2 mortais.

Por sectores, diminuíron os accidentes na pesca nun 16,49%, aumentando nos demais: na construción nun 2,69%, na industria nun 4,83%, na agricultura nun 9,28% e nos servizos nun 14,39%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, aumentou un 5,56% en maio deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Houbo aumentos nos seguintes sectores: na industria do 3,52%, na agricultura do 10,77% e nos servizos do 10,95%. As diminucións foron: na construción do 0,24% e na pesca do 13,61%.

A sinistralidade laboral aumentou un 5,14% nos primeiros cinco meses do ano, cun total de 9.947 accidentes laborais fronte aos 9.461 no mesmo período do ano 2014.

Este aumento non se produciu en todas as provincias, medrou nun 14,85% en Pontevedra, nun 0,77% na Coruña e nun 0,40% en Ourense, mentres que diminuíu un 0,10% en Lugo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →