Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Galicia terá a súa propia delegación de ACOP

Por   /  14/08/2015 

    Imprimir       Email

Reunión para a creación da delegación de ACOP en GaliciaO centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, acolleu onte a tarde, a primeira reunión de traballo entre un grupo de profesionais e académicos das catro provincias galegas do ámbito da comunicación política para sentar as bases da delegación da ACOP Galicia.

Na reunión, moderada polo consultor político, Eladio Jardón Ferreiro, á que asistiu Jorge Santiago Barnés, vocal da xunta directiva nacional da ACOP e director do Master en Asesoramento de Imaxe e Consultoría Política, acordouse entre outros puntos, a constitución da delegación galega o próximo 4 de setembro.

Un dos obxectivos deste colectivo é dar a coñecer o seu traballo na comunidade avanzando na profesionalización do sector. A iniciativa tivo unha boa acollida e proba disto é que xa se presentaron varios proxectos para desenvolver nos próximos meses.

A ACOP ten delegacións en Valencia, País Vasco, Aragón, Castela e León e México. Entre os seus obxectivos destaca o de contribuír a propiciar os estándares de calidade na investigación, docencia e práctica no ámbito da Comunicación Política.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →