Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Gañadores do concurso “Un selfie contra o mal amor”

Por   /  19/12/2015 

    Imprimir       Email
  • A Xunta publica a relación de gañadores do concurso “Un selfie contra o mal amor” posto en marcha nos sete campus galegos no marco da campaña “Todos loitando contra a violencia de xénero”
  • A campaña “Todos os días loitando contra a violencia de xénero”, deu comezo en Santiago o 25 Novembro, percorrendo os sete campus galegos para previr a violencia de xénero entre o alumnado universitario
    O obxectivo principal era que a mocidade recoñeza condutas nocivas para frealas e evitar que se agraven e supoñan un maior risco de violencia de xénero no futuro
    No marco da campaña, estaba o concurso “Un selfie contra o mal amor” no que os universitarios e universitarias galegos podían participar subindo unha autofoto a través das súas redes sociais e manifestar nelas o seu rexeitamento á violencia de xénero

12184225_1012262258795957_1972848535087674792_oA Xunta publica o listado de gañadores dos sete campus galegos do concurso “Un selfie contra o mal amor”, polo cal os universitarios e universitarias galegos podían participar subindo unha autofoto a través das súas redes sociais e manifestar nelas o seu rexeitamento á violencia de xénero, posto en marcha no marco da campaña “Todos os días loitando contra a violencia de xénero.

A iniciativa comezou o pasado 25 de novembro no campus de Santiago, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero e percorreu os sete campus galegos. A campaña trata de fortalecer os mecanismos de prevención da violencia de xénero, á vez que darlle visibilidade e crear conciencia social, xa que os últimos estudos publicados revelan que a mocidade constitúe un grupo “especialmente vulnerable” á violencia machista e que poboación máis nova está a reproducir de maneira preocupante uns estereotipos de xénero que se crían erradicados.Por iso, iniciativas como esta buscan que os mozos e mozas sexan capaces de recoñecer esas condutas nocivas e poidan frealas, e dese xeito evitar que se agraven e supoñan un maior risco de violencia de xénero no futuro.

No marco da campaña “Todos os días loitando contra a violencia de xénero”, unha campaña de sensibilización e información orientada ao alumnado universitario galego, a Xunta en colaboración coas tres universidades galegas e as entidades Abanca Obra Social e El Corte Inglés, colocou en cada campus un punto de atención, no que se repartiu material informativo para concienciar da violencia de xénero á xente moza, ofrecerlles pautas para recoñecela —especialmente nos casos que comeza de xeito máis sutil—, incidindo na idea de que o “amor romántico” non debe servir para encubrir actitudes ou comportamentos violentos e poder así previr situacións futuras.

Ademais do material informativo, a campaña de sensibilización levaba aparellada a acción Un selfie contra o mal amor, un concurso a través do cal pasou polos campus de Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense, e Vigo, e que contou ca presenza nos sete campus da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e representantes de cada un dos campus nos que se presentou.

 

Os gañadores do concurso “Un selfie contra o mal amor” foron:

  • Campus Vigo, Cristina Carreño Fernández
  • UVigo – Campus Ourense: María Miragaya Miragaya
  • UVigo – Campus Pontevedra: Erea González Benavides
  • UdC – Campus Ferrol: Vera del Mar López Spadorcia
  • UdC- Campus Elviña: Andrea Paderne Cepas
  • USC- Campus Lugo: Antón López Besteiro
  • USC – Campus Vida: Lucía González López
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →