Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Importancia da reforma do código penal no descenso do furtivismo

Por   /  09/10/2015 

    Imprimir       Email

A conselleira do Mar participou na inauguración do I Foro internacional de stakeholders da pesca / 20 aniversario do código de conducta (FAO).

Rosa Quintana destaca a importancia da reforma do código penal no descenso do furtivismo.

  • Lembrou que a tipificación do furtivismo como delito foi unha demanda xeneralizada do sector marítimo-pesqueiro e é froito de moito tempo de análise
  • En relación á sustentabilidade ambiental, económica e social da pesca, Rosa Quintana, destacou a importancia dos acordos pesqueiros entre a Unión Europea e terceiros países
  • Sinalou que as aportacións e conclusións deste foro contribuirán a enriquecer o Código de Conduta da Pesca Responsable, “que ha de guiar as actuacións de organizacións supranacionais, países e estados en materia pesqueira”
Foto: Archivo Banco Imágenes

Foto: Archivo Banco Imágenes

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou onte en Vigo a importancia da reforma do Código Penal -que entrou en vigor no mes de xullo- no descenso do furtivismo. Foi durante o acto de inauguración do I Foro internacional de stakeholders da pesca / 20 aniversario do código de conducta (FAO), celebrado no marco da feira Conxemar, e onde lembrou que a tipificación do furtivismo como delito foi unha demanda xeneralizada do sector marítimo-pesqueiro e é froito de moito tempo de análise “centrado en defender o traballo legal e responsable da maioría dos profesionais do mar”.

A titular de Mar sinalou que a Xunta puxo todo o seu empeño na loita contra a actividade pesqueira e marisqueira ilegal e “seis anos despois podemos dicir que se detectan menos artes ilegais nas nosas costas e que se requisan menos quilos de peixe e marisco obtidos de actividade furtiva”.Neste descenso de incautacións e decomisos, destacou a titular de Mar, tamén ten moito que ver a actividade de control e o compromiso dos profesionais do sector. Así, valorou que a tipificación do furtivismo como delito contribuirá e está contrubuíndo á redución das actividades ilegais, que supoñen un dano económico para os mariscadores e os pescadores profesionais.

En relación á sustentabilidade ambiental, económica e social da pesca, Rosa Quintana, destacou a importancia dos acordos pesqueiros entre a Unión Europea e terceiros países e subliñou que o fortalecemento e creación de novas Organizacións Rexionais de Pesca, onde existen intereses comúns entre países, tamén suporá un importante avance cara ao futuro. O fomento destes instrumentos, dixo, preséntase como unha importante aposta nalgúns principios do Código de Conduta para a Pesca Responsable e “Galicia está sumando nesa clara aposta pola responsable nos eidos ambiental, social e económico”.

De feito, lembrou Rosa Quintana, Galicia integrouse de forma decidida na aplicación do regulamento polo que se establece un sistema comunitario para previr e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do regulamento polo que se dispón dun réxime comunitario de control. En ambos casos Galicia aportou colaboración na súa aplicación procedendo a mellorar os seus protocolos de actuación para compatibilizar o labor de control coa normal actividade e operatividade da frota.

Código de Conduta
Durante a súa intervención, a conselleira sinalou que nas súas dúas décadas de existencia o Código de Conduta para a Pesca Responsable adaptouse aos cambios producidos na pesca e na acuicultura e destacou que “chegou o momento de facer balance e reforzar e incorporar as propostas que permitan ampliar aquel consenso inicial acadado por 170 membros da FAO para garantir a conservación dos recursos, o subministro de alimentos e a mellora da calidade de vida das comunidades pesqueiras”. Neste sentido, sinalou que as aportacións e conclusións deste foro contribuirán a enriquecer o Código, “que ha de guiar as actuacións de organizacións supranacionais, países e estados en materia pesqueira”.

Ademais Rosa Quintana, lembrou a colaboración de Galicia coa FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) a través do memorando asinado recentemente polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co secretario xeral da FAO, José Graziano da Silva, para desenvolver proxectos de cooperación técnica e formativa, entre os que se poderían incorporar materias de control e seguimento de pesquerías. Este acordo dá continuidade ao subscrito no 2010 con fins similares.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →