Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Incautación dun vehículo e co comiso de preto de 400 quilos de ameixa

Por   /  16/10/2015 

    Imprimir       Email

Un operativo de control da comercialización sáldase coa incautación dun vehículo e co comiso de preto de 400 quilos de ameixa en Carril.

  • Foi realizado por axentes do Servizo de Gardacostas, en colaboración con axentes da Garda Civil do posto de Valga e da Policía Local de Vilagarcía de Arousa

Axentes do Servizo de Gardacostas, en colaboración con axentes da Garda Civil do posto de Valga e da Policía Local de Vilagarcía de Arousa realizaron onte un operativo de control da comercialización que se saldou coa incautación dun vehículo e de preto de 400 quilos de ameixa de talla antirregulamentaria na lonxa de Carril (Vilagarcía de Arousa).

Esta actuación forma parte dun control de transportes de marisco procedente da zona do Barbanza e con destino a Carril. Os axentes interceptaron o vehículo cando procedía a descargar a mercadoría na lonxa.

Imaxe do marisco decomisado

Imaxe do marisco decomisado

No seu interior transportaba 371,9 quilos de ameixa xapónica, 16 quilos de ameixa fina e 5,60 quilos de ameixa babosa. Toda esta mercadoría tería un prezo estimado no mercado de arredor de 3.000 euros. Os axentes comisaron todo o produto por ser de talla antirregulamentaria e tamén procederon á incautación do vehículo. Este marisco ilegal tentaba ser legalizado finxindo proceder dun parque de cultivo de Carril.

A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →