Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Isabel Aguirre de Úrcola, premio ‘María Josefa Wonenburger

Por   /  06/10/2015 

    Imprimir       Email

A Xunta outorga o premio ‘María Josefa Wonenburger’ á arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola.

  • O Goberno galego creou este recoñecemento no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía
  • A premiada é unha destacada figura do Paisaxismo e leva máis de 25 anos impartindo docencia e investigación na Universidade da Coruña

iaguirreu-planur-e_5039A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu onte o Pleno da Unidade de Muller e Ciencia no que se outorgou o Premio ‘María Josefa Wonenburger’ 2015 á arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola.

A Xunta creou este premio no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaria Xeral da Igualdade. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía.

A premiada deste ano, é a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola. Orixinaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Aguirre é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e directora da “Escola Galega da Paisaxe” da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.

Ademais, foi profesora titular de E.U de la E.T.S de Arquitectura de A Coruña dende 1990 ata 2007. Profesora titular Estética na E.T Diseño Industrial da Universidad da Coruña dende 1999 ata 2007. É Premio Nacional de Arquitectura ‘Manuel de la Dehesa’ en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto con Álvaro Siza.

Este ano foi galardoada co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do entorno do Mosteiro de Caaveiro. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools.

A súa experiencia docente esténdese ademais a outras universidades españolas e estranxeiras. Expuxo a súa obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición “Os 15 mellores Paisaxistas de Europa” no ano 2000. Encargouse das obras dos proxectos dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou A Illa das Esculturas en Pontevedra. A Illa das Esculturas foi calificada como unha das iniciativas máis interesantes na creación de “paisaxes culturais” postas en práctica en Galicia nos últimos anos e pioneira en España. Tamén traballou na rehabilitación da Mina de Meirama. Dirixiu cursos da Universidade Internacional Menendez Pelayo sobre Desenvolvemento Sostible en 2005,2006, 2007 e 2008.

É presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é promover, recuperar e salvagardar os valores culturais, históricos e paisaxísticos da Ribeira Sacra, deu vida, por iniciativa del Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a un proxecto de miradoiro vangardista no Canón do Sil, no corazón da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é actuar como referencia mediática para proxectar ao exterior a paisaxe desta singular zona de Galicia. É autora do proxecto de recuperación do patrimonio ferroviario de Galicia e da creación do museo do ferrocarril de Galicia en Monforte.

Actualmente dirixe e coordina o Master de Arquitectura de Paisaxe da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidad da Coruña e forma parte do Comité de Persoas Expertas da Escola Galega da Paisaxe.

Lista de premiadas
A primeira premiada co ‘María Josefa Wonenburger’ foi Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago; un ano despois, en 2008, recibiuno María Teresa Miras Portugal, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid; e no ano 2009 Marisol Soengas González, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.

No ano 2010 a premiada foi Carmen Navarro Fernández-Valbuena, xefa do servizo de Anatomía Patolóxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; en 2011 foi Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela; e en 2012 María Tarsy Carballas Fernández, edafóloga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas.

En 2013 a galardoada foi María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, e en 2014, o último ‘María Josefa Wonenburger’ foi para a catedrática de Enxeñería de Telecomunicación, Carmen García Mateo.

Unidade Muller e Ciencia
A presidencia do pleno da Unidade Muller e Ciencia recae na secretaria xeral da Igualdade e as tres vicepresidencias no secretario xeral de Universidades, na directora xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e no director xeral de I+D+i, completándose a representación con mulleres expertas procedentes do ámbito universitario.

A Unidade Muller e Ciencia creouse en 2007 coa finalidade de contar cun área de traballo interdepartamental estable que dinamice e transforme a ciencia e a tecnoloxía galegas, co obxectivo de que as actuacións dende a perspectiva de xénero no ámbito social, tecnolóxico e educativo son estratéxicas para avanzar cara un modelo de sociedade máis xusta e acorde coas necesidades actuais.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →