Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

“La Vuelta converteuse nun gran escaparate, nunha oportunidade para chegar a más de 120 países”, Nava Castro

Por   /  19/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Nava Castro enxalza os valores turísticos de Galicia na presentación de equipos de La Vuelta en Arnoia
  • Salienta o papel destacado da Comunidade galega na 71 edición desta proba ciclista
  • Destaca o termalismo e a enogastronomía como dous produtos que identifican Galicia
  • Refírese ao turismo e ao deporte como dúas forzas motoras da promoción e o desenvolvemento sostible dos destinos turísticos
  • Neste acto tivo lugar un showcooking para a promoción da gastronomía galega

 

2016050369_wildcardsheader“La Vuelta converteuse nun gran escaparate, nunha oportunidade para chegar a más de 120 países, por iso Galicia continuará constituíndo un piar fundamental deste evento”. A directora de Turismo de Galicia, fixo estas declaracións na Gala de presentación de equipos desta proba ciclista que onte se celebrou en Arnoia e na que enxalzou tamén os valores turísticos da Comunidade galega nunha edición na que Galicia “terá, unha vez máis, un papel moi destacado”. Neta cita tamén estiveron presentes a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Segundo manifestou Nava Castro, termalismo e gastronomía son dous produtos que identifican a Comunidade galega e que estarán moi presentes este ano nas etapas galegas de La Vuelta. Deste xeito, engadiu, “termalismo e enogastronomía son dous recursos endóxenos que identifican esta terra igual que o deporte e o turismo son dúas forzas motoras para o desenvolvemento sostible dos destinos turísticos”.

image_gallery (2)

 

Deporte e turismo

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o deporte e o turismo son dúas disciplinas que van da man. O deporte é, por un lado, unha práctica que mellora a nosa calidade de vida, unha importante actividade económica, e “tamén co deporte gozamos dun tipo de ocio activo, do mesmo xeito, podemos dicir que Galicia e o ciclismo van tamén da man”, e non so porque esta terra sexa berce de grandes ciclistas, “senón tamén porque Galicia encarna os mesmos valores”.

E así, rematou Nava Castro, cando se fala de ciclismo, fálase de “traballo en equipo, solidariedade, agradecemento, amabilidade… pois, Galicia é unha terra amable, próxima, solidaria, de equipo e que convida a percorrer as súas paisaxes e terras”.

Showcooking de cociña galega

Por último, esta Gala de presentación de equipos de La Vuelta, acolleu un showcooking onde se deron cita os mellores cociñeiros galegos e os máis prezados produtos gastronómicos da nosa comunidade.

Neste percorrido gastronómico estivo representada a cociña galega a través das degustacións ofrecidas, por unha parte, por doce profesionais do Grupo Nove e, por outra, por nove cociñeiros de Amigos da Cociña Galega. Así mesmo, estiveron presentes 21 Denominacións de Orixe, Indicacións Xeográficas Protexidas e marcas con distintivo de calidade diferenciada.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →