Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Máis de 12.000 persoas viñeron do estranxeiro para fixar a súa residencia en Galicia en 2015

Por   /  04/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Máis de 12.000 persoas viñeron do estranxeiro para fixar a súa residencia en Galicia en 2015, un 17% máis que o ano anterior
  • A Explotación dos Movementos Migratorios do IGE indica que o pasado ano entraron en Galicia 1.380 persoas máis das que saíron a outros países
  • O maior número de inmigracións procede de Venezuela (1.802), Brasil (686), Portugal (674), Romanía (528) e Suíza (509)
  • A entrada de residentes en Galicia dende o estranxeiro foi a máis elevada dos últimos catro anos
  • Galicia foi en 2015 a comunidade autónoma con menor taxa de emigración, tal como mostran tamén os datos oficiais do INE

 

IGEUn total de 12.094 persoas fixaron a súa residencia en Galicia o pasado ano procedentes do estranxeiro, un 17% máis en comparación cos datos do ano anterior. Así o indica a Explotación de Movementos Migratorios do Instituto Galego de Estatística (IGE), que ten como referencia a Estatística de Variacións Residenciais do Instituto Nacional de Estadística.

Os datos oficiais indican que o número de persoas que entraron en Galicia dende o estranxeiro foi o máis elevado dos últimos catro anos. Ademais, o número de entradas procedentes doutros países superou en 1.380 as saídas ao estranxeiro (10.714), polo que o saldo de migracións co estranxeiro foi positivo.

O maior número de inmigracións en Galicia no 2015 procederon de Venezuela (1.802), seguida de Brasil (686), Portugal (674), Romanía (528), Suíza (509), Estados Unidos (467), Reino Unido (407) e Cuba (401).

En canto aos movementos co resto de comunidades autónomas, o número de entradas en Galicia procedentes doutras comunidades situouse en 17.839, un 1,95% máis que o ano anterior. Este incremento é preto do triple que o aumento das saídas a outras comunidades, que aumentaron un 0,66%, ata situarse en 19.993.

En todo caso, segundo os últimos datos oficiais do INE, Galicia é a comunidade autónoma coa menor incidencia da emigración de España. Así, en 2015 as saídas residenciais de Galicia representaron o 1,12% do total da poboación, fronte ao 1,96% do total de comunidades autónomas.

Ademais, Galicia é tamén a comunidade autónoma con menor incidencia da emigración de mozos de entre 16 e 34 anos. Esta porcentaxe foi en 2015 do 2,32%, a máis baixa de toda España, onde a media foi do 3,45%.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →