Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Máis de 2.500 solicitudes ao abeiro do programa Reforma 16 para melloras en cociñas e baños

Por   /  03/10/2016 

    Imprimir       Email
  • O Igape xa recibiu máis de 2.500 solicitudes ao abeiro do programa Reforma 16 para melloras en cociñas e baños
  • O director do Instituto, Javier Aguilera salientou o valor da cooperación público-privada, da Xunta e Asemaco, para dinamizar a actividade económica e o emprego neste sector
  • Ata o próximo 15 de outubro está aberto o prazo de solicitudes para acollerse ás axudas, que contan cun orzamento total de 2,8 millóns de euros
  • Este programa apoia ás familias na reforma e mellora destes espazos, impulsando a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción
  • O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 16 será de 1.000 euros, e as axudas públicas poderán oscilar entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros

image_gallery-4

 

O Igape recibiu polo de agora máis de 2.500 solicitudes de axuda para a mellora de cociñas ou baños ao abeiro do programa Reforma 16, segundo informou o director deste instituto, Javier Aguilera.

Aguilera salientou o valor da cooperación público-privada, da Xunta e da Asociación sectorial que agrupa ás empresas de materias de construción (Asemaco), co obxectivo de apoiar ás familias galegas na reforma e mellora de cociñas e baños, impulsando ao mesmo tempo a actividade empresarial e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción. D e feito, segundo salientou, as solicitudes recibidas polo de agora facilitarán unhas vendas cifradas en 8,5 millóns de euros.

O prazo para a presentación de solicitudes en algún dos máis de 380 establecementos comerciais adheridos ao Reforma 16 está aberto ata o próximo 15 de outubro. A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou a nova edición deste programa para apoiar a renovación, por parte de particulares, de todo tipo de equipamentos de cociña e baño (excepto electrodomésticos). O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do programa será de 1.000 euros.

O obxectivo do Reforma 16 é impulsar a actividade empresarial, a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción, mediante axudas que suporán rebaixas do 40% nos produtos e materiais empregados. En concreto, a Xunta subvenciona o 20% da base impoñible, co límite entre 200 e 1.000 euros por persoa e domicilio particular. A entidade colaboradora realizará un desconto equivalente ao da Administración autonómica, polo que a rebaixa global achégase ao 40%.

Os interesados, que poden consultar toda a información sobre o programa en www.igape.es/reforma16 , deben solicitar a axuda no mesmo establecemento elixido, o cal, como entidade colaboradora, se encargará de tramitala por vía telemática para que sexa máis áxil.
O Programa Reforma 15 fixo posible que preto de 3.000 fogares galegos impulsaron a modernización das súas cociñas e baños. As axudas concedidas a través do Igape no marco deste programa tiveron un efecto positivo nas empresas do sector, impulsando vendas por case 11 millóns de euros e mobilizando uns investimentos estimados en máis de 20 millóns, como resultado da dinamización da actividade e o emprego entre as empresas e autónomos do sector da construción.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →