Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Máximos históricos neste verán tanto de viaxeiros como de pernoitas

Por   /  25/09/2016 

    Imprimir       Email
  • O turismo marca en Galicia máximos históricos neste verán tanto de viaxeiros como de pernoitas
  • A nosa comunidade superou no período estival nun 5,3% a cifra de viaxeiros aloxados do pasado verán e nun 8,3% o nivel de pernoitas
  • Os tres grandes segmentos de demanda, mercado interno, nacional e internacional acadaron cifras históricas no conxunto dos meses de xullo e agosto
  • Galicia incrementou tamén nestes dous meses a estadía media, que ascendeu nun 2,9%, e a ocupación, que subiu en máis de catro puntos porcentuais

 

Gráfico coas cifras rexistradas polo INE

Gráfico coas cifras rexistradas polo INE

 

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, a conxuntura hoteleira de Galicia neste pasado verán foi moi positiva por canto se detectou un incremento dos principais indicadores da demanda e ocupación.

Galicia marcou neste verán un máximo histórico tanto de viaxeiros con 1.301.955 como de pernoitas ao rexistrar un total de 2.757.094 superando nun 5,2% e 8,3% respectivamente as cifras acadadas no período estival do pasado ano.

No conxunto dos meses de xullo e agosto a nosa comunidade rexistrou unha dinámica positiva nos tres grandes segmentos de mercado. O turismo interno incrementou as súas pernoitas nun 15,3% e os seus viaxeiros nun 11,8%, acadando unha cifra histórica superior ás 542.000 pernoitas.

Pola súa parte, o mercado receptor nacional rexistrou máximos históricos tanto de viaxeiros como de pernoitas con 700.000 e máis de 1.600.000 respectivamente superando nun 4,5% e 7,9% as cifras do verán do pasado ano 2015.

En relación ao mercado internacional, Galicia rexistrou un incremento do 1,9% dos viaxeiros internacionais e do 3,2% das súas pernoitas superando por vez primeira os 330.000 viaxeiros e as 540.000 noites.

A nosa comunidade rexistrou tamén neste período estival un notable crecemento doutros importantes indicadores turísticos como a estadía media, que ascendeu nun 2,9%, e a ocupación que subiu en máis de catro puntos porcentuais.

Mes de agosto
Tamén no mes de agosto a nosa comunidade rexistrou un notable incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros. Con máis de 711.000 viaxeiros superouse nun 5,3% a cifra do pasado ano e nun 27% a cifra do Ano Santo do 2010.

As pernoitas tamén se incrementaron nun 5,4%, neste caso, en relación a agosto do pasado ano ata acadar máis de 1,53 millóns neste mes. Esta cifra supón un incremento do 12,6% en relación ao Ano Santo do 2010.

Ambos datos supoñen un máximo histórico na nosa comunidade tanto no que atinxe ao volume de viaxeiros aloxados como ás pernoitas.

En termos de mercados destaca o comportamento do turismo interno que presentou un incremento do 15,3% no que respecta ás pernoitas e dun 13,9% no referido aos viaxeiros, acadando case a cifra das 275.000 noites, o dato máis elevado dos últimos doce anos.

Pola súa parte, o turismo receptor nacional superou o pasado mes de agosto nun 3,3% o nivel de pernoitas do pasado ano e nun 2,7% a cifra de viaxeiros acadando un máximo histórico con preto de 400.000.

O turismo internacional continúa tamén a senda de crecemento e marca novamente máximos históricos tanto de viaxeiros con preto de 180.000 como de pernoitas con 300.000 ao rexistrar incrementos de 3,9% e 4,9% respectivamente.

A ocupación hoteleira tamén mellorou na nosa comunidade no pasado más en máis de 3 puntos porcentuais, concretamente, ata situarse a ocupación media na cifra máis elevada dende 2005.

Así mesmo, os establecementos hoteleiros de Galicia melloraron unha vez máis os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes do 2015 subindo o RevPAR un 5,3%.

Acumulado do ano
No primeiros oito meses do ano Galicia rexistrou máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros como de pernoitas. Con 3.000.287 viaxeiros e 5.765.721 pernoitas, a nosa comunidade superou nun 5,4% e 6,9%, respectivamente, as cifras do mesmo período do pasado ano.

A mellora dos niveis de demanda viu como consecuencia do bo comportamento rexistrado polos tres grandes segmentos de mercado.

O turismo interno incrementouse nun 6,7% no tocante ás pernoitas e nun 8,3% no que se refire aos viaxeiros, acadando a cifra de pernoitas máis elevada dos últimos cinco anos -1,41 millóns-.

Pola súa parte, o turismo receptor nacional incrementou nun 7,9% as súas pernoitas e un 5,1% os seus viaxeiros, acadando o nivel de pernoitas máis elevado dende o último Xacobeo 2010.

Por outra parte, o turismo internacional creceu nun 4,8% no que se refire ás pernoitas e nun 3,5% no referido aos viaxeiros aloxados. O notable incremento do turismo internacional supuxo que novamente este mercado acadase un máximo histórico tanto de viaxeiros aloxados con máis de 825.000 e de pernoitas con 1,3 millóns.

Como consecuencia da mellora das pernoitas, os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao mesmo período do pasado ano en máis de 2,2 puntos porcentuais para situarse na porcentaxe máis elevada dos últimos nove anos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →