Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Medio Ambiente atendeu o 100% das solicitudes que cumprían os requisitos ás axudas para promover proxectos de mellora en Rede Natura

Por   /  24/04/2015 

    Imprimir       Email
...y más

Natura

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas atendeu o 100% das solicitudes que cumprían os requisitos para acceder ás axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza concedeu unha subvención a 126 concellos, o que se traduce nun investimento de 2,3 millóns de euros.

Grazas a esta liña de actuación, un total de 37 concellos da provincia da Coruña son adxudicatarios destas axudas, que suman máis de 600.000 euros. No caso da provincia de Lugo, estes incentivos permitirán a 28 administracións locais o acondicionamento de fontes e a recuperación de sendas de acceso, entre outras actuacións, que suman un importe de 530.000 euros.

Á provincia de Ourense destínanse 560.000 euros que se repartirán entre 29 concellos e, por último, na provincia de Pontevedra, un total de 30 concellos recibirán axudas da Xunta para realizar traballos nas zonas integradas na Rede Natura 2000, que suman case 481.000 euros.

A directora destacou que o obxectivo destas subvencións é colaborar cos concellos na execución de accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000. Tamén é finalidade deste programa de axudas, cofinanciado con fondos FEADER, a conservación e restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional, coa finalidade de incrementar nas explotacións agrícolas o valor de recreo público das zonas Natura 2000.

Así, as 126 actuacións que se subvencionarán están integradas nestes tres tipos de proxectos, que son obxecto da liña de axudas establecida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza:

• Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios; sinalización de camiños e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.
• Accións a prol da recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional (rehabilitación de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, sequeiros, muros, fontes e calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).
• Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns, mellora de accesos, levadas ou traídas que faciliten a conservación ou mantemento en bo estado dos hábitats seminaturais, soutos e prados de sega dentro da Rede Natura 2000.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →