Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Medio Ambiente convoca o primeiro concurso de fotografía “a túa paisaxe do verán” para mellorar o coñecemento e a posta en valor da paisaxe galega

Por   /  02/08/2015 

    Imprimir       Email

tg_carrusel_cabecera_grandeO Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración coa Fundación Galicia Sustentable convoca o primeiro concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, o cal estará aberto á participación cidadá dende o 1 de agosto ata o 21 de setembro.

O concurso amateur, que se encadra dentro do programa Somos Paisaxe, está dirixido á totalidade da poboación e pón de manifesto a importancia ambiental, cultural, social e económica que posúen as paisaxes como sinal de calidade de vida.

O seu obxectivo é activar unha mirada sobre o territorio que transcenda o puramente estético, xa que se pretende lograr a mellora do coñecemento e a posta en valor da paisaxe, comunicando así aspectos relacionados cos beneficios que esta lle aporta ao desenvolvemento económico e ao benestar da sociedade galega. A finalidade última do concurso consiste na consecución dunha serie de imaxes que reflictan a capacidade que posúe a paisaxe galega para a mellora da calidade de vida da poboación.

Tanto o Instituto de Estudos do Territorio como a Fundación Galicia Sustentable operarán de forma coordinada na organización do concurso. Desta maneira, o certame desenvolverase de forma aliñada co proceso de participación para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

De feito, o programa Somos Paisaxe pretende achegar o entorno á xente para facerlles máis interesante e atractiva a colaboración nos procesos formais de participación para a elaboración do sílabo. Convén destacar que parte do xurado que faiará o primeiro premio estará composto por membros do Comité de Expertos que interveñen na elaboración do citado catálogo.

Tras a resolución desta primeira convocatoria, A Túa Paisaxe do Verán, abriranse as seguintes edicións nas outras estacións: A Túa Paisaxe do Outono, A Túa Paisaxe de Inverno e A Túa Paisaxe de Primavera.

É preciso salientar a labor da Xunta de Galicia, posto que se encarga de promover as actuacións de formación, sensibilización e educación dirixidas á sociedade galega en xeral, e aos usuarios do territorio en particular, que teñen como finalidade a promoción do entendemento, respecto e salvagarda dos elementos que configuran as paisaxes desta comunidade autónoma.

Convenio de colaboración
O convenio entre a Fundación de Galicia Sustentable e o Instituto de Estudos do Territorio desenvolve unha actuación conxunta na procura de activar a participación social e de desenvolver unha maior conciencia sobre a responsabilidade individual e colectiva sobre a Paisaxe e o Territorio.

O marco do traballo establecido ao abeiro deste convenio busca que a sociedade galega se implique en coñecer, comprender e actuar de forma positiva sobre o territorio galego.

Bases de participación en www.somospaisaxe.org/concursos

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →